sábado, 6 de abril de 2013

Letargo invernal

 Tras un letargo invernal este Blog comeza a espertar.
Estes comicios de primavera tan duros están demorando o paso migratorio, cando menos pola dorsal galega. Destacando só a presencia de tres adultos de Aguia albela (Circaetus gallicus) na Serra do Suído, cando menos dende o 20 de Marzo. Este exemplar entre eles.



miércoles, 7 de noviembre de 2012

Hieraaetus fasciatus e Redondela


O pasado Sábado 3 de Novembro de regreso para a casa, puiden ver a altura de Rande (Redondela) un exemplar de Aguia perdiceira (Hieraaetus fasciatus). O exemplar voaba a pouca altura tenteando os campos a carón da estrada e acosado por algunhas gaivotas. Unha magoa non ter a cámara no coche.
Son poucos os rexistros de esta especie en Galicia. Un deles foi en 2011 onde unha femia do programa do programa de recuperación da especie en Madrid pegouse un garbeo por Galicia, cruzando a Serra do Suído e chegando ata Malpica.

Mapa de Manuel Galán do Grupo Grefa

Como non teño imaxes da Perdiceira poño unha desta Aguia real (Aquila chrysaetos) que se segue vendo pola Serra do Suído.



Tamén no Suído puiden ver fai uns días este exemplar de Tartaraña das Xunqueiras (Circus aeruginosus). É a primeira vez que vexo esta especie na serra onde se atopaba cazando moi activa en zona de matogueira e logo quedou repousando entre fentos secos.




Onte mesmo no Suído puiden ver este macho de Escribenta das Neves (Plectrophenax nivalis)




Algunha outra cita de interese foi este Mergullón Cristado (Podiceps cristatus) no encoro de Eiras


 
 e esta Pica costeira (Anthus petrosus) en Mougás (Oia).


miércoles, 3 de octubre de 2012

Seguimos no Suído


Creo que este ano, ao meu ver, lévase a palma as Píllaras rubias (Charadrius morinellus) como citas de interese na Serra do Suído. Por iso creo e as vou deixar para unha entrada aparte nos próximos días. Aínda que tamén subliñar a presencia constante de Voitres na serra e, facendo unha mención especial a dous Voitres negros (Aegypius monachus) que me fixeron ter as observacións máis incribles da miña vida. Non só por ter observacións a auténtico pracer; senón que para min observalos por aquí... e que ten un re-gusto especial!
Este da imaxe atopeino así tal cal, ao cruzar o alto dun coto. Non creo que estivese nin a vinte metros.


Este Voitre leonado (Gyps fulvus) tiña enganchado unha especie de cordel.


Fai uns días esta Aguia real (Aquila chrysaetos) puiden observala na Serra do Suído, mentres rastrexaba as ladeiras da serra en busca de presas. Con un vento infernal do norte e coas primeiras luces do día (por iso a mala calidade das imaxes) foi cruzando a ladeira onde me atopaba para sobrevoarme a baixa altura. O exemplar portaba anela de pvc branco. Por iso supoño que é do proxecto de recuperación da especie en Galicia. Parece que non lles desgusta O Suído.







Aínda que non é unha ave tamén ten ás. Esta Mosca asasina é inofensiva para as persoas, pero un auténtico predador de insectos. Captura os insectos co seu corpo acoirazado e inxéctalle a súa saliva para paralizalos e provoca que se licúen no seu interior para logo chuchalos; como é no caso da imaxe.