lunes, 29 de diciembre de 2008

CIRCAETUS GALLICUS

Hai uns anos cando comecei a coñecer a serra do Suído, en busca de descubrir novos recunchos fermosos por Galicia, sempre me atopaba con unhas impresionantes aguias voando dun lado para outro pola serra. Como amante da natureza que son non dubidei en comprar a miña primeira guía de aves, meténdome así no mundo da ornitoloxía e descubrir que aquelas aves rapaces que tan maxestosamente voaban polo Suído non eran outras que Aguias albelas (CIRCAETUS GALLICUS).
Dende mediados de Marzo, tras facer unha longa viaxe dende terras africanas, xa se poden ver as primeiras aguias por estas serras do interior de Pontevedra. Unhas primeiras chegadas que nunca me quero perder, sentindo gran satisfacción cando vexo o primeiro do ano.
En 2008 un dos primeiros foi este fermoso exemplar con todas as súas plumas un perfecto estado, relucindo con forza nas primeiras horas do día.





Este ano tal vez esperei a estas aves con máis expectación polo feito de que é o primeiro ano que chegan a serra e se atopan con un parque eólico que antes non existía. Non me quero imaxinar a frustración dalgunha delas, que seguramente levan vindo pola serra do Suído varios anos e se atopan con unha infinidade de obstáculos mortais nalgún dos seus principais lugares de paso e captura de presas.
De feito as cousas non puideron ir peor, deixando tras de si o 2008 con dúas aves mortas. Unha delas localizada polo grupo ecoloxista Asemblea do Suído e outra eu mesmo, atopando só os restos da plumaxe tras ser devorada por algún depredador, que seguramente é o máis normal que suceda en este tipo de casos. Por isto e por outros tantos perigos feitos pola man do home, estas ó igual que tantas outras aves, necesitan a nosa solidariedade e concienciación de protección ante esta aguia beneficiosa para o equilibrio dos nosos ecosistemas naturais, regulando a presenza de ofidios.
Deixando a tras traxedias teño que seguir falando desta ave rapaz e da súa presenza no Suído.



Chegado xa o mes de Abril xa se poden escoitar os seus reclamos mentres realizan simples voos nupciais non máis a la de un ir e vir entre parellas e describindo círculos mentres ascenden. O certo e que todo o tempo lle é pouco para intentar criar. Esta ave pon un só ovo de cor branco, que se conseguen sacarlo adiante durara ata Setembro as súas tarefas de cría, cando o polo deixa o niño pouco antes de emprender a viaxe rumbo África.

Cando observamos unha Aguia albela é case inconfundible. A súa predominancia de branco, a envergadura na cal pode superar os 1,70 m., cunha cabeza escura, xunto con un voo suave e elegante fana case inconfundible.
Esta ave ten comportamentos moi típicos en voo, como pode ser o surfeo de ladeiras



con un movemento aparentemente sempre lento.
Cando quere desprazarse máis rápido, adopta esta postura típica cos cóbados moi pronunciados e un aspecto de velocidade.



Tamén non será raro vela planar a non moita altura por enriba das nosas cabezas se temos algo de sorte, facéndonos retorcelo pescozo mentres observamos o seu voo tan elegante .





Unha das formas máis comúns que podemos atopala, é cando se paira no aire en busca de presas. Dende a distancia pode confundirse con un Miñato (Buteo buteo), onde podemos diferenciala polo seu movemento de ás máis potente e pesado dado da súa maior envergadura.




Buteo buteo & Circaetus gallicus


Non só se pode confundir con un Miñato, se non ata con un Bufo como foi o meu caso.
Ala polo mes de Maio unha noite de chuvia, non se me acorre outra cousa que intentar localizar aves nocturnas. Con algo de sorte, atópome con este exemplar.



Un Aguia Albela intentando durmir nun carballo. Non sei quen estaba máis durmido, ¿a ave ou eu? De feito cando lle ensino as fotos a Juán Carlos Epifanio e me di que é unha Albela, non tiven dúbidas, ¡¡era eu o que estaba durmido!!
Esta son historias para recordar, ó igual que a seguinte instantánea que nunca esquecerei, non pola calidade da fotografía que foi feita a correr, se non polo momento vivido.



Atopábame eu camiñando pola zona de Xesta (A Lama). A media maña, cando o sol comeza a coller forza, a néboa depositada nos vales comeza a ascender imparable polas ladeiras. Decido irme, e xusto cando me alcanza a néboa vexo cara tras, e atópome con este fascinante exemplar, xusto enriba de min, véndome, totalmente a contraluz. Aí estivo, durante uns segundos, fixándose en min e permitíndome coller a cámara para retratala. Non sei se tiña curiosidade en min ou simplemente me interpuxen entre ela e unha presa. Este exemplar tan pálido, diría que é un inmaturo, non só pola súa plumaxe, se non tamén polos seus ollos claros o igual que sucede en outras rapaces. Sendo xoven ou non foi unha das aves que máis veces observei, permanecendo na serra durante toda a época estival o igual que outro inmaturo con idéntico aspecto físico, e sendo estas as últimas en abandonar a serra, tendo o derradeiro contacto o 2 de Outubro.
Nas seguintes imaxes atópase o mesmo exemplar que na anterior fotografía, pero dezasete días despois con este aspecto máis desaliñado.





Nada máis verlle as marcas que tiña nas ás véuseme a cabeza este vídeo que colgo, de unha estupenda montaxe realizada por Félix Rodríguez de la Fuente.



Este 2009 agardo poder contar boas noticias de esta fermosa ave, sobre todo facendo os seus reclamos familiares xunto a un polo recen saído do niño nacido polos arredores da serra. Cousa que este ano, non puiden ver.

jueves, 25 de diciembre de 2008

Felices festas

Dende que este Blog comezou a súa andaina levo feito máis ou menos unha reportaxe de diferentes aves durante cada mes, das que teño algo documentadas con fotografías, e así seguireino facendo ata o mes de Abril. Como non me decidía cal ía ser a seguinte puxen unha enquisa na columna lateral na que é moi sinxelo votar. Moitas gracias ós que xa o fixéstedes.

Ultimamente en canto a aves hai pouca cousa, so puiden ver como máis interesante un Falco columbarius na serra do Suído e dúas Scolopax rusticola nas carballeiras das marxes do encoro de Eiras.

Un saúdo e ¡¡FELICES FESTAS !!

lunes, 8 de diciembre de 2008

Pandion haliaetus anelada

Estes días atrás, pouca cousa pola serra pontevedresa. Con tanta neve que tivemos non se vían demasiados paxaros e todo moi disperso polo temporal de neve e logo chuvia e máis chuvia. Con algunha boa camiñata din chegado a algúns puntos da serra, onde foron poucas as aves que se deixaban ver.





Unha das aves foi este todo terreo

Erithacus rubecula



Como de aves non ía ser o día, enredeime un pouco coas pegadas de lobo que quedaran marcadas na neve pouco antes da miña chegada, nas cales se diferenciaban unhas impresionantes de un exemplar adulto e outras dalgún xoven ...
Pegada anterior de Canis lupus signatus

Pegada posterior e anterior

Pegadas de exemplar xoven


En cotas un pouco máis baixas pódense ver numerosos exemplares de Turdus iliacus coma estes das fotos

Turdus iliacus




e as sempre presentes Anthus pratensis.

Anthus pratensis


Hoxe no encoro de Eiras nin rastro dos
parrulos como xa me comentara José Ramón Gómez que agora se atopan todos na enseada de San Simón con algunha sorpresiña máis por alí. O que si seguía era o xoven de Pandion haliaetus que a pesar da mala luz puiden facerlle algunha foto, nas cales se pode ver que o exemplar está anelado con duas anelas metalicas, unha en cada tarso.

Pandion haliaetus





sábado, 6 de diciembre de 2008

ANTHUS CAMPESTRIS

Este ano foi un novo descubrimento para min, atopar polo menos dous territorios ocupados por exemplares de Anthus campestris na serra do Suído. Os dous territorios estiveron ocupados con certeza por tres e dous exemplares, con unha distancia entre si de uns tres quilómetros en liña recta, don de puiden confirmar a cría nun deles o 7-8-08.
Dende finais de Abril xa se poden ver os primeiros exemplares. Durante as primeiras semanas son as mellores para observar a especie podéndose ver xa case antes de que se faga de día nos seus pousadoiros.





Tendo moita sorte puiden ver a disputas de dous machos por unha femia, a cal se dedicaba a observar as constantes disputas e pensando ben case diría que non era unha disputa, se non un intentando expulsar ao outro do lugar.

Disputas entre as eves



Escena de cortexo



Postura típica de salto durante o cortexo



Logo da tempada de cortexo, case sempre se atopan entre o mato ou en pequenos claros.











A miña experiencia coa especie é mínima e só intento amosar o pouco traballo de campo que puiden realizar de esta ave escasa en Galicia e case restrinxida na súa totalidade a provincia de Ourense.

















A última observación na serra foi de este exemplar o 31-8-08.

martes, 25 de noviembre de 2008

Fotos de AYTHYA COLLARIS

Hoxe achegueime un ratiño ata o encoro de Eiras para ver se continuaba o exemplar de Aythya collaris, e efectivamente seguía por alí o igual que algún Corvo mariño real e de máis Parrulos.

Phalacrocorax carbo


Bando de Aythya ferina



Xusto antes de marchar as aves desprazáronse non demasiado lonxe da miña posición, e puiden facerlle algunha foto, xa con pouca luz.


Aythya collaris


Aythya collaris



Aythya collaris



Aythya collaris

lunes, 24 de noviembre de 2008

AYTHYA COLLARIS no encoro de Eiras

Este Sábado acerqueime ata o encoro de Eiras. Fun algo tarde cando non había moita luz.
Puiden ver 126 Aythya ferina, uns cantos Anas platyrhynchos, algún Anas penelope e un exemplar de Pandion haliaetus.

Imaxe das aves no lugar



Tamén un posible Aythya fuligula, digo posible porque hera case de noite, estaba durmindo e non o puiden ver ben. Barrenando na casa decidín regresar o Domingo. Antes de chegar ó lugar, atopeime entre os carballos a 5 Regulus regulus entre un grupo de Parus ater e Aegithalus caudatus, o igual que se deixou ver outra vez a Aguia peixeira con unha troita nas poutas.

Pandion haliaetus


Pandion haliaetus



Cando cheguei a zona e vin os Parrulos, comprobei que efectivamente non hera un Aythya fuligula se non un Aythya collaris (primeira observación persoal da especie).
Hoxe fun de novo ata o lugar xunto con José Ramón Gómez, onde o voltamos ver perfectamente, aínda que o tempo non acompañou nada.
Fotos non teño, pero si un pequeno vídeo don de se ve a ave..


video