martes, 28 de octubre de 2008

Menudo temporal

Estes dous últimos días case sen novidades pola Serra do Suido en canto a aves.
O tempo anda moi revolto, como é normal no Outono. Onte moita néboa con choiva, hoxe unha ventarrada do norte espestacular con moito frío.
Seguen pola serra un notable número de Anthus spinoletta, ás cales conseguín inmortalizar en pleno temporal.


Hoxe con máis Sol, podíase ver mellor e disfrutar un pouco máis das aves mentres comían incansables, a pesar do vento.





Tamén continuaban algúns Pluvialis apricaria.
Que coma este, non dividaban en agocharse do aire.



O feito de atopalos sorprendeume moito, porque na zona donde se atopan é moi frecuentada polos "amigos" cazadores.
¡Como non!
Sempre teñen que deixar rastro da súa presenza.

Non sei que grado de autoridade teñen os comuneiros para poder restrinxir o acceso polo monte, pero agora pódeste atopar con estas simpáticas sinais.

Esto mudou moito dende a construcción do parque eólico, e xa me vexo dentro de pouco pedindo permiso para poder ver aves. Porque ante os ollos de moita desta xente non somos moi ben vistos e como xa escoitei máis dalgunha vez,
¡¡ECOLOGHISTAS NON DEBIA DE HABER NINGUN!!
Que é como nos chaman atodos os que nos gusta a natureza.

No hay comentarios: