miércoles, 22 de octubre de 2008

Máis Pluvialis apricaria

Onte Martes pola mañá, comezaron a entrar nubes moi densas, combertindose na serra do Suido nunha espesa néboa que non prometía ningunha observación no lugar. Primeiro intentei relocalizar o Turdus torquatus por se seguía polo lurgar, pero non tiven sorte.
Este Domingo Juán Carlos Epifanio puido ver na serra un grupo duns cincuenta individuos de Pluvialis apricaria. Non foi ningunha casualidade, parece que a especie esta en pleno proceso de migración e apesares da néboa puiden ver outro grupo con once exemplares (facéndoseme sempre raro ver limicolas polas montañas).
Entre a néboa facíase algún claro, no cal aproveitaba para intentar sacar algunha instantanea.



A néboa comezouse a disipar un pouco, pero non tardaría en chegar a chuvia.

Os pequenos paseriformes que viron como cada vez caía con máis forza a auga, non dubidaron en poñerse ó socairo das rochas.

Nas que adoptaron esas formas de bolechas, e facian transmitir un fermoso estado de placidez.

Son poucas as instantaneas que puiden facer (con paraugas en man coma estas), pero para o proximo día esperemos que acompañe máis tempo.

No hay comentarios: