domingo, 12 de octubre de 2008

MONTICOLA SAXATILIS

Na serra do Suido són varias as especies que veñen criar dende terras Africanas. Entre as cales, unha delas que pola sua fermosa plumaxe e escaseza en terras Galegas parece que destaca sobre as demáis.
Sen dúbida é, o Merlo rubio - Monticola saxatilis .


O ano pasado foi a primeira vez que vin esta especie. Localicei unha parella, nos penedos de unha pequena ladeira orientada cara o Sur, donde permaneceron ata Setembro. A miña sensación foi que chegaron a criar con éxito, pero non conseguín localizar ningún xuvenil.
Este ano dando unha volta polo mesmo lugar no mes de Maio, foi unha gran satisfacción atoparme con este macho nunha das atalaias que frecuentaba o ano anterior.

Esta é un ave bastante escorregadiza e que efectua amplos desprazamentos en busca de alimento (principalmente o macho). Unha das estratexias que sigo, é a de facer esperas pola mañanciña ou o solpor, con maior ou menor sorte.
Na mañá do 25 de Xuño facendo un destes controis puiden ver ó macho facendo voos con un xoven. Con moita sorte ó xuvenil deuselle por pousarse preto de min, donde lle puiden facer un par de fotos.


Logo chegou o macho, que ó verme non lle gustou moito e prontiño se foron.


Esta familia permaneceu no seu territorio de cria ata o día que decidiron irse rumbo a terras de África. Tendo o último contacto, con moita sorte e case de noite o 14 de Setembro. Os exemplares xa presentaban unha muda avanzada. Destacando a do macho, por ser a máis curiosa.




Non són moitos os datos que podo aportar dá especie, agas os graficos.
Pero o máis importante todo, é que sigan vindo a criar por estas terras, aportando xóvenes que retornen e sigan colonizanzo novos lugares.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Noraboa polo blog, sonche ben fermosas as fotografías. Elixilo protagonista outro acerto. Para mín é unha verdadeira "rareza" este Monticola.

Sorte no campo e un saudo dende Ortigueira.

David Martínez Lago

Óscar M. Roza dijo...

Gracias David
E sorte tamen aí, pola costa norte.
Un saudo