sábado, 4 de octubre de 2008

MOTACILLA FLAVA THUNBERGI

Como xa comentei na anterior entrada, son moitas as Motacilla flava que chegan pola media montaña Galega.
Son tantas as que veñen, que coa sua decidida migración arrastran a outros exemplares por terras Galegas de paises ainda máis o norte, que tal vez se despistaron polo camiño e deciden seguir a estes grupos que fan a ruta máis polo Oeste.
Este é o caso da M. flava thunbergi.

Según parece esta é unha subespecie rara nos pasos migratorios en Galicia, ou polo menos dificil de localizar.
Este ano localicei a tres exemplares. Dous na Serra do Suido e un nos Montes da Paradanta.

Todas elas presentaban os mesmos rasgos cefálicos. Unha curiosa e fina cella branca, que nas miñas guías non atopei ningunha mención ó respecto.

¡Entón! O de sempre, preguntarlle a unha persoa con amplísimos coñecementos e que sempre está disposto a axudar, C. Damián Romai. Según me comenta poden ser exemplares criados en terras de Noruega, que son os que presentan ese tipo de rasgos.

Seguramente esté no certo porque estes exempares criados no Oeste de Europa son os máis probables que cheguen por aquí.
Rutas imaxinarias da sua chegada a Galicia

Unha sorte atoparse con eles.














E como non, asociados case sempre con bóvidos.


No hay comentarios: