jueves, 9 de octubre de 2008

Pola serra do Suido

Dende o día 28 de Setembro xa puiden ver os primeiros Anthus pratensis, compartindo hábitat con outras especies que seguen o seu camiño cara o Sur ou están comenzando a emprende-lo dende aquí.

Os exmplares de Anthus pratensis están comezando a chegar o igual que o fan os Carduelis cannabina, que ainda que crían por aquí sumanselle moitos outros, creando grandes bandos. Os cales son principalmente xuveniles, coma este da foto.

As Motacilla flava xa case non se ven polas serras. Xa nos deixan ata o ano que ven.

En canto as Saxicola rubetra ainda se deixa ver algún exemplar a día de hoxe

ou os exemplares de Oenanthe oenanthe que por estas datas vense en pequenos grupos, cousa que anteriormente case nunca sucede.

En canto as aves rapaces xa só quedan uns cantos Buteo buteo, xogandose a vida todo-los días entre os aeroxeradores.

Circus pygargus e Circaetus gallicus xa non se ven. O ultimo foi un exemplar dos de fase clara de Circaetus gallicus coma este o 2 de Outubro.

E asi como descenden o número de aves en paso, tamén vaixan os Falco tinnunculus presentes por aquí.