miércoles, 15 de octubre de 2008

Polo amencer no Suido

Onte 14 de Outubro facendo unha nova visita á serra do Suido. O día amencia explendido no alto da serra. Nos vales medios e altos a néboa estaba moi copiosa.

Tiven que apurar as primeiras horas de luz, porque coa calor comezaba a desprazarse rapidamente a néboa.
Xa nada máis dar unha ollada, víanse numerosas Anthus pratensis. Cando cheguei a un dos meus lugares preferidos, xa se notaba o ambiente de correteo de aves.

Nunha primeira visual, puiden comprobar que tiñamos uns novos compañeiros. As primeiras Anthus spinoletta que vexo este Outono.

Vianse varios exemplares, e logo puiden atopar máis misturadas en outros grupos de Anthus pratensis.


Xunto con estes tamén estaban exemplares de Alauda arvensis. Ainda que son comúns na serra, agora vense moito máis.


Esta Motacilla alba tamén se atopaba polo lugar o igual que algunha Lullula arborea.

Pero as aves máis comúns con diferencia foron as Anthus pratensis.

Xusto antes de irme, vin un paxariño que se movía entre o mato. Resulta que hera un Sylvia cantillans, o cal só lle puiden facer un par de fotos testemuñais da ave. Para min é a primeira vez que vexo a especie.



2 comentarios:

Cosme Damian Romai Cousido dijo...

Excelente cita a da Sylvia cantillans, hai algunha mención máis para o litoral da Rías Baixas (Sanxenxo, Cangas do Morrazo, illas Cíes). Eu vin un máis que probable exemplar desta especie en xuño de 2007 en Rodeiro (PO).

Apertas,
Damián

Óscar M. Roza dijo...

Teremos que prestar máis atención en época estival. Tal vez non, pero creo que pode ser máis fácil atopa-la pola sera do Candán ou Testeiro, con lugares máis áridos.
Un saudo.