lunes, 20 de octubre de 2008

Turdus torquatus no Suido

Hoxe tocaba ir pola serra do Suido. Con moitas ganas de ir espertei as 6:30. Saín da casa en plena escuridade, por se ainda vía algunha rapaz nocturna e chegar a serra coas primeiras luces do día. Cando estaba a media altura da serra e deixando atrás o ultimo nucleo de poboación, xunto a uns campos de pasto de vacas lavantaron o voo uns merlos e outras aves. Un deles chamoume a atención porque se pousou no alto dun pequeno eucalipto. Eu pensei para min -sera un Tordo-. Como ainda estaba moi escuro decidín parar, non fose ser un tempraneiro Tordo real. Cando vexo a ave, con aquela media lúa branca no peito, non cría o que vía. O mei primeiro Turdus torquatus na serra do Suido.


Unha magoa non poder velo con boa luz. Por eso só lle puiden facer unhas fotos testemuñais.
Para min é un macho adulto, pola intensidade do branco e o negro do peito.

2 comentarios:

José Miguel Alonso Pumar. dijo...

Boas Óscar,

Efectivamente, é un macho da subespecie Tutdus torquatus torquatus como os que vemos eiquí na Capelada.

O raro é que ninguén máis parece atopalos de xeito regular cando, na miña modesta opinión, zonas como o Suido, Candán ou o Xistral deberían arroxar máis observación.

A fenoloxía de paso que nos observamos (máis ou menos) na Capelada é a seguinte:

- Primaveira: dende a última decena de marzo ata finais da primeira de maio, con maior forza a primeiros de abril (5-15 de abril aprox.)

- Outono: 2ª quincena de outubro ata primeira decena de novembro.

A ver se tes sorte e nos vas contando novas aparicións na zona.

Unha aperta.

Óscar M. Roza dijo...

Ola José Miquel
Tanto o Charadrius morinellus coma o Turdus torquatus, son aves que tiña en mente intentar atopalas. Na miña motivación está moi influenciada polas vosas observacións na Capelada. E coa miña teoría de que as aves que fan tamén migracións polo interior e recaen nas vosas costas, moitas delas seguen a ruta de estas serras.
So é un suposto, pero demomento van saindo. Hoxe apesares do mal tempo intentei relocalizalo, pero non tiven sorte. O lugar ten moita vexetación, e se seguía polo lugar non o atopei. Si puiden ver máis exemplares de Pluvialis apricaria o igual que fixo Epi o Domingo.
Un saudo e seguiremos buscando.