lunes, 3 de noviembre de 2008

OENANTHE OENANTHE

Hai poucos anos, comecei no mundo da ornitoloxía. Supoño que lle pasa a máis de un, que comezas por un tipo de especies e logo a medida que colles esperiencia vaste fixando noutras, ata o punto de que todo é interesante e todas acábanche aportando un punto de satisfacción.
Nunha das miñas guías (Guía das aves de Galicia) que uso para ver a distribución de moitas especies en terras Galegas, indícame que pola zona do Suído é lugar de presenza estival do Pedreiro cincento -Oenanthe oenanthe-, pero eu so os vía en época de paso.
Este ano presteille máis atención a todo o que se movia e facendo observacións máis pausadas. Os resultados viñeron sos. Foron tres as parellas con presenza na serra e un macho que aparentemente estivo só durante toda a tempada. Duas delas puiden comprobar que criaron con exito.
Unha das primeiras do ano, foi este macho o 27 de Abril, o cal fotografei facendo movementos de cortexo a unha femia próxima.




Non son unha persoa intrusiba coas especies mentres crían, por eso so puiden confirmar o éxito da sua cría cando os polos xa estaban moi crecizos e tamén en parte porque a serra do Suído é moi grande e son barias as especies de gran interese que están por aquí. ¡E esta claro que un, non pode estar a todo!
Folando un poudo de este paxaro, podo decir que é un ave moi activa e tamén unha autentica estratega do despiste. Cando quere fuxir e se atopa no alto dunha pedra, primeiro desdende polo lado oposto ou metese por unha fisgoa ata saír no outro lado do penedo e cando a perdes de vista vótase a voar raso para que non a localices, ou así como non quere a cousa, ponse a correr entre os toxos (sera por recursos). Tamén usan a sua camuflaxe, donde nesta foto podemos ver a impresionante similitude da plumaxe nupcial de este macho na superficie do granito cheo de liques no Suído.


Pero todo esto que non leve a confusión, non estamos a falar dun ave do máis asustadiza ante o home, so é unha cuestión de confianza. Cando ela sinte que a tua presenza é como a de calquer cabalo ou vaca e non supós ningun perigo, poden achegarse moi preto de ti en busca do seu alimento sen ningun tipo de reparo.
Unha destas parellas (vaia, se non son listas), escolleron un lugar para vivir con vistas a Ría. ¡Case nada!



Algunhas tardes quedábame ata entrada a noite vendo paxariños pola serra. Donde xusto antes de que o Sol chegase o orizonte e a luz comezase a perder toda a sua forza,


estas aves, moi limpas elas, buscaban unha predra donde estar cómodas e comezaban o seu aseo persoal para ir durmir pola noite




mentres outros animais como o Lobo Ibérico (Canis lupus signatus) ou os Coellos (Lepus cuniculus), comezan a saír dos seus agochos.




Dende as suas primeiras chegadas a finais de Abril, fun recopilando imaxes dos exemplares macho que permaneceron na serra durante a época estival, donde poño unha mostra das diferentes fases das súas mudas.

Macho o 27-4-08



Segundo macho o 28-4-08



Terceiro exemplar o 13-5-08. Donde sempre pensei atopalos cantando no alto dun penedo, pero como podes ver na foto, atopábase sempre cantando a rentes do chan.







Cuarto exemplar con territorio, pero sen parella 7-8-08







O macho anterior dez días despois 17-8-08





Terceiro exemplar o 14-9-08





Según puiden ler sobre a especie, perece ser que normalmente repiten no lugar donde criaron durante anos e incluso décadas, pasando varias xeracións.


Esperemos poder confirmalo para o ano que vén.

4 comentarios:

Anónimo dijo...

"Moi bien, moi bien, moi bien", que diría Farruco. E digo eu que fabuloso o post e as fotos, Oscar, cojonudo. Semella que tes ben labrado o Suido. Soubéronme a pouco os textos dalgunha foto, por exemplo a dos lobos... De seguro que os tes estudiados. Xa nos contarás, o que se poda, nalgún vindeiro post "off topic", si tes a ben. Remato pidichón, pero é un comentario para felicitarche.

Un saudo

David Martínez Lago

José Miguel Alonso Pumar. dijo...

¡¡Moi boas imaxes das collalbas Óscar!!

Eu, coma David, quedo abraiado co tema dos lobos. Ainda que sexan habituais na zona, é un luxo poder contalo como o contas (case en plan "pasan por alí os lobos..")

Unha aperta

Cosme Damian Romai Cousido dijo...

Excelente o teu blog.

Parabéns,
Damián

Óscar M. Roza dijo...

¡Vaia, vaia! ¡Eu matandome a poñer fotos desta ave e resulta que causa máis sensación unha fulerilla foto de tres lobos!

Fora bromas, como se diría neste caso ¡¡Habelos hainos!! pero fáciles de observar, na de na. Son demasiado nocturnos e eu diría que cada vez máis.
Esto non é o meu, pero algunha cousiña si que sei, e como as cousas non están como para botar foguetes en estes momentos na serra, mellor non divulgar cousas que outra xente garda recelosamente.

Un saudo e graciñas polos comentarios.