jueves, 13 de noviembre de 2008

Poucas novidades

Estas últumas semanas cando fun ver aves pola serra sempre me coincidiu que estaban cubertas de nubes.
As novidades son poucas, so destacar gran entrada de Alauda arvensis a semana pasada con centos de exemplares.


Segue aumentando o número de Corvus corax, donde nesta foto pódense ver seis exemplares de un grupo de sete.




Estorniños facendo de desparasitadores


Pyrrhula pyrrhula


Onte pola mañá tamén con moitas nubes e algo de poalla acerqueime ata o alto de Fontefría donde puiden ver 2 ex. de Gallinago gallinago e bo número de Anthus spinoletta como máis destacado. Tamén estaban os grandes coñecidos do lugar que son os Bicotortos -Loxia curvirostra- moi fáciles de observar na zona, donde ben é sabido que crían.


Puiden ver 15 ex. en grupos de10+2+3. Un grupo deles estaba nunha pequena parede de xabre e pedras, donde é habitual atopalos.




Dedícanse a lamer na parede e a triturar o xabre co peteiro.







Non teño moi claro por que o fan, pero supoño que será para absorber sais minerais necesarias para o seu organismo o igual que fan moitos mamíferos.

1 comentario:

Cosme Damian Romai Cousido dijo...

Interessante documento Óscar!

Mira que isto pode dar para publicar unha nota breve nalgunha revista (A Carriza, Chioglossa,...).

Pénsao e se precisas axuda, mándame e-mail.

Apertas,
Damián