lunes, 29 de diciembre de 2008

CIRCAETUS GALLICUS

Hai uns anos cando comecei a coñecer a serra do Suído, en busca de descubrir novos recunchos fermosos por Galicia, sempre me atopaba con unhas impresionantes aguias voando dun lado para outro pola serra. Como amante da natureza que son non dubidei en comprar a miña primeira guía de aves, meténdome así no mundo da ornitoloxía e descubrir que aquelas aves rapaces que tan maxestosamente voaban polo Suído non eran outras que Aguias albelas (CIRCAETUS GALLICUS).
Dende mediados de Marzo, tras facer unha longa viaxe dende terras africanas, xa se poden ver as primeiras aguias por estas serras do interior de Pontevedra. Unhas primeiras chegadas que nunca me quero perder, sentindo gran satisfacción cando vexo o primeiro do ano.
En 2008 un dos primeiros foi este fermoso exemplar con todas as súas plumas un perfecto estado, relucindo con forza nas primeiras horas do día.





Este ano tal vez esperei a estas aves con máis expectación polo feito de que é o primeiro ano que chegan a serra e se atopan con un parque eólico que antes non existía. Non me quero imaxinar a frustración dalgunha delas, que seguramente levan vindo pola serra do Suído varios anos e se atopan con unha infinidade de obstáculos mortais nalgún dos seus principais lugares de paso e captura de presas.
De feito as cousas non puideron ir peor, deixando tras de si o 2008 con dúas aves mortas. Unha delas localizada polo grupo ecoloxista Asemblea do Suído e outra eu mesmo, atopando só os restos da plumaxe tras ser devorada por algún depredador, que seguramente é o máis normal que suceda en este tipo de casos. Por isto e por outros tantos perigos feitos pola man do home, estas ó igual que tantas outras aves, necesitan a nosa solidariedade e concienciación de protección ante esta aguia beneficiosa para o equilibrio dos nosos ecosistemas naturais, regulando a presenza de ofidios.
Deixando a tras traxedias teño que seguir falando desta ave rapaz e da súa presenza no Suído.



Chegado xa o mes de Abril xa se poden escoitar os seus reclamos mentres realizan simples voos nupciais non máis a la de un ir e vir entre parellas e describindo círculos mentres ascenden. O certo e que todo o tempo lle é pouco para intentar criar. Esta ave pon un só ovo de cor branco, que se conseguen sacarlo adiante durara ata Setembro as súas tarefas de cría, cando o polo deixa o niño pouco antes de emprender a viaxe rumbo África.

Cando observamos unha Aguia albela é case inconfundible. A súa predominancia de branco, a envergadura na cal pode superar os 1,70 m., cunha cabeza escura, xunto con un voo suave e elegante fana case inconfundible.
Esta ave ten comportamentos moi típicos en voo, como pode ser o surfeo de ladeiras



con un movemento aparentemente sempre lento.
Cando quere desprazarse máis rápido, adopta esta postura típica cos cóbados moi pronunciados e un aspecto de velocidade.



Tamén non será raro vela planar a non moita altura por enriba das nosas cabezas se temos algo de sorte, facéndonos retorcelo pescozo mentres observamos o seu voo tan elegante .





Unha das formas máis comúns que podemos atopala, é cando se paira no aire en busca de presas. Dende a distancia pode confundirse con un Miñato (Buteo buteo), onde podemos diferenciala polo seu movemento de ás máis potente e pesado dado da súa maior envergadura.




Buteo buteo & Circaetus gallicus


Non só se pode confundir con un Miñato, se non ata con un Bufo como foi o meu caso.
Ala polo mes de Maio unha noite de chuvia, non se me acorre outra cousa que intentar localizar aves nocturnas. Con algo de sorte, atópome con este exemplar.



Un Aguia Albela intentando durmir nun carballo. Non sei quen estaba máis durmido, ¿a ave ou eu? De feito cando lle ensino as fotos a Juán Carlos Epifanio e me di que é unha Albela, non tiven dúbidas, ¡¡era eu o que estaba durmido!!
Esta son historias para recordar, ó igual que a seguinte instantánea que nunca esquecerei, non pola calidade da fotografía que foi feita a correr, se non polo momento vivido.



Atopábame eu camiñando pola zona de Xesta (A Lama). A media maña, cando o sol comeza a coller forza, a néboa depositada nos vales comeza a ascender imparable polas ladeiras. Decido irme, e xusto cando me alcanza a néboa vexo cara tras, e atópome con este fascinante exemplar, xusto enriba de min, véndome, totalmente a contraluz. Aí estivo, durante uns segundos, fixándose en min e permitíndome coller a cámara para retratala. Non sei se tiña curiosidade en min ou simplemente me interpuxen entre ela e unha presa. Este exemplar tan pálido, diría que é un inmaturo, non só pola súa plumaxe, se non tamén polos seus ollos claros o igual que sucede en outras rapaces. Sendo xoven ou non foi unha das aves que máis veces observei, permanecendo na serra durante toda a época estival o igual que outro inmaturo con idéntico aspecto físico, e sendo estas as últimas en abandonar a serra, tendo o derradeiro contacto o 2 de Outubro.
Nas seguintes imaxes atópase o mesmo exemplar que na anterior fotografía, pero dezasete días despois con este aspecto máis desaliñado.





Nada máis verlle as marcas que tiña nas ás véuseme a cabeza este vídeo que colgo, de unha estupenda montaxe realizada por Félix Rodríguez de la Fuente.



Este 2009 agardo poder contar boas noticias de esta fermosa ave, sobre todo facendo os seus reclamos familiares xunto a un polo recen saído do niño nacido polos arredores da serra. Cousa que este ano, non puiden ver.

1 comentario:

Cosme Damian Romai Cousido dijo...

Parabéns polo post Óscar!

Só desexo que o 2009 traia alegrías para as águias e demais rapinas do Suído, que ben o merecen.

Apertas,
Damián