jueves, 26 de febrero de 2009

Achégase a Primavera

Por fin retorno a actividade ornitolóxica. Non só por parte miña, se non tamén por parte das aves, que despois de tanto mal tempo comezan unha actividade frenética con esta intensa e apresurada Primavera que se quere abrir paso.
Aínda que este Blog está destinado principalmente a observacións da montaña interior de Pontevedra, voulle adicar unha pequena parte ó espazo natural Gándaras de Budiño - Ribeiras do Louro, lugar que me gusta visitar con algo de frecuencia., onde estas últimas semanas coa mellora do tempo deixouse ver pola lagoa de Budiño, un macho adulto de Tartaraña das Xunqueiras (Circus aeruginosus). Tal vez o mesmo observado en 2007, coincidindo o tipo de exemplar e datas de presenza no lugar.

Circus aeruginosus


Gracias a esta ave puiden ver numerosas Becacinas (Gallinago gallinago), que coa súa actitude agresiva, facía levantar constantemente os exemplares que estaban o descuberto pola Espadaña. Esta ave tamén é de gran axuda, xunto có Azor a facer un censo real das Cercetas (Anas crecca) da lagoa, onde fai que estas se agrupen no centro da lagoa. As Cercetas acadaron unha media de entre 50 e 60 aves no més de Xaneiro, case identica que 2008. Este ano esperemos poder confirmar de novo a súa cría no lugar, que en principio, algo promete.

Emberiza schoeniclus

Hai que destacar o número considerable de Cardeais (Pyrrhula pyrrhula) comendo gromos das árbores incesantemente por todo o bosque de ribeira, as cales, mentres observaba, un tamborileo nunha das árbores levantoume unha sorrisa. O xa case amigo Peto pequeno(Dendrocopos minor) de Budiño, segue polo lugar, facendo os seus primeiros reclamos do ano.

Dendrocopos minor


Se alguén me pode dar unha axuda para identificar estas plumas que atopei en Budiño, sería de agradecer.


Pola serra xa comeza a ter algo máis de actividade, podendo escoitar constantes reclamos da Laverca común (Alauda arvensis).

Alauda arvensis



Ardea cinerea no alto do Suído

Non sei cal e motivo, pero durante toda a época invernal pódese ver algún exemplar con estas cores tan pálidas, os cales me parecen femias.

Alauda arvensis

Por último só destacar a presenza de centos de Pinpíns (Fringilla coelebs) e tamén centos, e incluso podendo superar o milleiro de Úbalos (Carduelis spinus) no alto de Fontefría. Todos estes exemplares xuntos, facían un ruído realmente espectacular.

Carduelis spinus


3 comentarios:

Cosme Damian Romai Cousido dijo...

Ola Óscar!

As plumas parécenme de femia de alavanco (Anas platyrhynchos).

E moi interessante a cita de Dendrocopos minor. Parabéns.

Apertas,
Damián
P.D.: as fotos, excelentes.

Cosme Damian Romai Cousido dijo...

Por certo... de que data é a cita de Dendrocopos minor?

Damián

Óscar M. Roza dijo...

Ola, e graciñas polo das plumas.
A cita do Peto pequeno é do 22 de Febreiro.
Un saúdo.