jueves, 26 de marzo de 2009

Chegou a Primavera

Tras un par de semanas sen o meu ordenador, por fin podo actualizar o Blog.

Turdus pilaris


En este último mes xa comezaron a chegar numerosas aves estivais pola serra do Suído, aínda que son varios os invernantes que se deixaron ver, como e o caso do anterior Tordo real (Turdus pilaris), que se alimentaba tranquilamente polas turbeiras da montaña, o igual que algunha xa escasa Pica dos prados (Anthus pratensis). Non tan escasas son as Picas alpinas (Anthus spinoletta), deixándose ver varios exemplares como este da foto, que presenta unha muda evidente (con algo de sorte, tal vez se quede algún a aniñar na serra).
As estivais son varias as que xa comezan a chegar. Unhas das primeiras foi unha parella de adulta de de Aguia albela (Circaetus gallicus), que parecían que tiñan presa en seguir máis cara o norte.



Circaetus gallicus

Un dato curioso foi poder ver na serra a tres machos de Pedreiro cincento (Oenanthe oenanthe),

Macho 1
o realmente curioso é que estes tres parecen ser exemplares que localicei en 2008, e estando agora instalados rapidamente nos seus territorios. Este Mercores 26 puiden ver xa 5 exemplares, os exemplares mencionados e outros dous machos.

Macho 1

Macho 2

Macho 3
Un destes últimos, semellaba que quería disputarlle o territorio ó que eu denomino como macho 2, este exemplar ven sendo o individuo que en 2008 estivo sen parella. Estes "carallos" téñenme totalmente engaiolado, acaban de chegar e xa pasei largo rato vendo os seus comportamentos, mentres observo a estas aves, non quere dicir que non poida ver outras. Sempre aparece algo, como e caso desta Bubela (Upupa epops),
Upupa epops

Corvus corax

ou esta fascinante Gatafornela (Circus cyaneus), sendo bastante doado de confundir coa Tartaraña cincenta. Un xeito de voar máis contundente e algúns aspectos físicos como se pode comprobar na fotografía, pódenos sacar de dúbidas cando as condicións de luz non son as axeitadas, como é este caso.


Cando chega o bo tempo coa Primavera non só se ven novas aves pola serra se non múltiples réptiles como este Lagarto das silvas (Lacerta schreiberi), que ten no interior do Suído un bo lugar para vivir, lonxe de perigosas estradas, ou flores que só se poden ver durante poucas semanas, como este fermoso campo de Narcisos (Narcissus pseudonarcissus), o cal puiden atopar gracias a Alexandre Cendón do grupo ecoloxista Asemblea do Suído e da FEG. Para quen non o saiba, hai poucas datas o grupo Asemblea do Suído sacou unha estupenda revista, na cal se pode ver a gran riqueza que ten esta serra e na que Alexandre me deu a oportunidade de participar con diversas fotografías.


Narcissus pseudonarcissus
Chozo instalado perfectamente no medio natural
Hai observacións estivais que nunca me gustan ver, pero por desgraza, estes días víronse demasiadas.


2 comentarios:

ANZAGA dijo...

Sólo felicitarte por tu blog, realmente las fotografías son magnificas, el video me ha encantado. Realmente es mucha la labor divulgativa que creo que los que amamos la naturaleza tenemos que hacer para protegerla. Saludos. ANZAGA.

http://unpaseomanchego.blogspot.com/

Óscar M. Roza dijo...

Gracias por el cumplido y bonita encina la de tu Blog.

Un saludo y queda registrado el enlace.