jueves, 23 de abril de 2009

Reactívase a Primaera

Estas últimas semanas o tempo acompañou pouco para ver aves pola dorsal galega. O pasado día sete, tras unha tregua do mal tempo pola tarde, xuntáronse no Suído seis Aguias albelas (Circaetus gallicus) en menos de tres quilómetros. Entre estas atopábase unha parella en pleno cortexo. Voos en círculos, cruzamentos constantes, incesantes reclamos e ata un pequeno enganche de poutas (que non durou máis de dous segundos) fixéronme disfrutar moitísimo.
Este exemplar que vedes é o que reclamaba máis incesantemente e tamén deixaba en barias ocasións as poutas colgando durante o cortexo.


Xa pasadas as borrascas, o ascenso das temperaturas deixouse notar xunto co bo tempo, e con este, máis movemento de aves polas serras. As Tartarañas (Circus pygargus) xa comezan a deixarse ver facendo voos en parella durante as primeiras horas da maña, e a defender os seus territorios de outros exemplares.

Unha das sorpresas destes días foi un exemplar de Píllara dourada (Pluvialis apricaria), que me deixou sorprendido ó velo por estas datas na serra do Suído

tamén puiden ver a miña primeira Pica papuda (Anthus campestris) do ano.
Coas primeiras luces do día a súa nova plumaxe é realmente fermosa pola tonalidade das súas cores tan cálidas.

Cando un se ergue ben cedo, sempre pode atoparse con algunha ave nocturna durante os primeiros claros do día. Un par de Mouchos (Athene noctua) foron os únicos que se deixaron ver desta vez. Un no concello de Soutomaior e outro no de Fornelos de Montes.

Pero a sorpresa desta semana non foron os Mouchos durante as primeiras luces do día, se non, esta Calandriña (Calandrella brachydactyla). O sol aínda non saíra polo alto da serra do Faro de Avión, cando este exemplar me sorprendeu alimentándose con tranquilidade nas ladeiras desta serra, feito unha bolecha, e case sen inmutarse ante a miña presenza.

Para rematar, destacar a entrada de femias de Pedreiro cincento (oenanthe oenanthe)

os machos territoriais que xa se atopaban por estas serras, están agora do máis activo, reclamando constantemente e facendo mostras de poderío ante as femias.

Outros xa máis adiantados so se adican a observar, mentres a femia xa vai aportando algún material ó niño.


3 comentarios:

Antonio Sandoval dijo...

Como siempre, Óscar, unas fotos estupendas, capaces de elevarnos a los de la costa hasta esas cumbres llenas de vida, y hasta que apareció este blog algo olvidadas para la ornitología.

Óscar M. Roza dijo...

Graciññas Antonio
e alégrome que che guste.Ainda que eu tamén son de pretiño do mar, o interior sempre tivo algo especial para min.
Mentres poida, tentarei ensinar parte do que vexo, a través do meu obxetivo, e por suposto, explicado todo a miña maneira.
Un saúdo

José Miguel Alonso Pumar. dijo...

Grandes fotos e interesantes especies, escasas e pouco prospectadas na nosa terra.

Noraboa unha vez máis Óscar.