lunes, 6 de abril de 2009

TURDUS TORQUATUS no Suído

Turdus torcuatus con algo de sono

Esta última semana son poucas as novidades que puiden observar, destacaría quizais a presenza numerosa de Úbalos (Carduelis spinus) nun piñeiral do concello de A Lama, ou os exemplares de Pica dos prados (Anthus pratensis) e Pica alpina (Anthus spinoletta) que aínda seguen pola serra do Suído,
Anthus spinoletta - Anthus pratensis
Anthus pratensis

ó igual que algunha Aguia albela (Circaetus gallicus) que se vai deixando ver polo interior da comunidade, coma este exemplar que semella un 2ºinv.



Pero a finalidade de esta entrada é amosar este amigacho.
Un Merlo papobranco (Turdus torcuatus) que se portou de luxo.

Esta é a segunda vez que vexo a especie na serra do Suído, e poderlle realizar estas fotos bastante decentes un autentico privilexio. Unha magoa a falta de luz e o día tan nubrado que me tocou, pero quizais, se non estivese así o tempo, non estaría tan confiado.


1 comentario:

José Miguel Alonso Pumar. dijo...

Ves como aparecían Óscar...

Noraboa.