jueves, 28 de mayo de 2009

Cousiñas de Maio

Os últimos días que puiden saír o campo, tentei ir ver a situación de outras especies que teño máis ou menos controlados os seus territorios de tódolos anos e que residen pola serra do Suído e toda a súa contorna. Especies que que case non menciono pero están aí e tanta importancia como as demais.
Silvia undata
Falco subbuteo

No concello de A Lama hai unha pequena carballeira con exemplares ben maduros de (Quercus robur), na cal é un hábitat perfecto para o Piquelo azul (Sitta europaea), un lugar ben axeitado para observar facilmente esta ave por estes lares da provincia.

Preto desta carballeira, tamén se atopa unha colonia de Andoriña das barreiras (Riparia riparia).

Sen saír do concello de A Lama e se nos adentramos no Suído pola parte norte, veremos con maior frecuencia a Cotovía pequena (Lullula arborea). Esta especie vense máis exemplares na zona centro norte da serra que na centro sur, na que hai maior densidade de Laverca común (Alauda arvensis) e a mencionada escasea notablemente.

O igual que as Cotovías, as Picas das árbores (Anthus trivialis) tamén se deixan ver mellor na zona centro norte da Serra do Suído.

O Cuco común (Cuculus canorus) segue sendo común nestes concellos do interior. Especie principalmente forestal que rápido a podemos identificar polo seu canto. No alto do Suído os meus contactos coa especie son principalmente visuais e non auditivos, polo feito de que se moven entre unha vexetación baixa e non teñen un lugar axeitado para cantar, pero se hai algúnha árbore polo lugar, non dubidan en facelo.

A Lavandeira real (Motacilla cinerea) é unha habitual dos regatos que descendendo Suído. Sendo doado atopalas nas marxes das estradas, se hai algún curso deauga preto.

O pasado 20 de Maio xa se deixaron ver os primeiros exemplares de Picanzo vermello (Lanius collurio) que coma sempre, parece que chegan todos de golpe, podéndose ver exemplares a día de hoxe, por case tódolos montes altos do interior.

Estando no concello de O Covelo pola zona de Campo, atópase un dos mellores ligares que coñezo para a cría de Papuxa común (Silvia communis), no cal repasando o lugar deixáronse ver barios exemplares cantores e tamén uns cantos xuvenís, ós cales, os pais se afanaban en alimentar. Mentres vía estes individuos, sorprendéronme cantando barios exemplares de Trigueiro (Miliaria calandra), con un mínimo de catro aves reclamando na zona. Semella que este vai ser un bo ano para esta especie. Nesta mema xornada, cando xa me ía pra casa, tres exemplares de Miñato abelleiro (Pernis apivorus) etopábanse voando en circulos non lonxe da miña posición.

Sen saírnos pola zona de Campo, unha sorpresiña tamén me estaba agardando días despois. Unha parella de Andoriñas dáuricas (Hirundo daurica) parece que vai tentar criar na zona. Localiceinas en pleno proceso da construción do seu niño, recollendo incesantemente lama nun pequeno rego. ¡Sorte no seu propósito!

Cando un anda no campo sempre lle pode suceder cal quer situación con algún ave ou mamífero. A miña intención sempre é capturar ese momento se é posible.

¡Esa vaca que non te deixa pasar!

¡O Moucho (Athene noctua) que observa inquedo!

¡E para o meu agrado! ¡Un Raposo (Vulpes vulpes), confiado!

3 comentarios:

Anónimo dijo...

deixasme abraiado en cada entrada..que fotos e facilidade de sacalas con certas especies.

PABLO GUTIERREZ dijo...

Felicidades por esa foto de Hirundo dáurica¡ muy buena, si señor¡

Óscar M. Roza dijo...

Graciññas ós dous polos cumpridos, supoño que algunhas veces hai que ter sorte.
E Pablo, eu só son un aprendiz e agradezo a túa opinión como mestre, esas dáuricas foron realmente confiadas, a foto esta feita a "pelo" o igual que o resto vaia.

Un saúdo.