jueves, 16 de julio de 2009

Algunhas novidades

Ultimamente foron poucos os días que puiden saír ó campo, pero este tempo consigo aproveitalo bastante ben, gracias que teño moitas especies máis ou menos controladas e xa vou a tiro fixo para ver como lles vai a vida. Isto non significa que vaian saíndo cousas novas, nesta época do ano xa se deixan ver moitas aves en dispersión e sempre pode caer algo novo pola serra do Suído.
Unha gran sorpresa para min foi atopar unha parella de Escribenta amarela (Emberiza citrinella) en O Campo (A Lama). É a primeira vez que vexo esta especie no Suído, a cal xa levaba tempo intentando atopala sen éxito. Tras un bo rato de observación e tomar algunhas fotos para o arquivo persoal semella que a parella esta instalada no lugar e con un niño o que atender.




Emberiza cia

Un tempo despois, deixando atrás a parella de escribentas e atopándome no alto do Suído entre os Avión e A Lama, puiden ver un gran número de Tordos charlos (Turdus viscivorus). Esta especie é común na serra , e en esta época sempre se ven grupos de entre cinco e dez exemplares, pero nunca vira nus trinta aproximadamente como foi o caso. Xusto cando me detiven a ver estes individuos, pasoume voando a poucos metros un xoven de Cuco papudo (Clamator glandarius) cruzando cara o concello de Avión. Detívose un instante nun piñeiro e alí lle fixen unha foto testemuñal do exemplar ata que se foi cara o interior Ourensán.
Turdus viscivorus
Clamator glandarius


Polo demais todo segue o seu curso, xa puiden ver o primeiro xuvenil de Picanzo vermello (Lanius collurio) e as diferentes especies con escasa presencia nestes lugares seguen nos seus territorios, algunha delas con exceso de presencia humana.
Xuvenil Lanius collurio
Femia Lanius collurio
Macho Lanius collurio
Monticola saxatilis
Anthus campestris
Oenanthe oenanthe
Hirundo daurica

Un dato que non mencionei foi que a parella de Hirundo daurica ten o niño instalado nunha casa a non moita altura, sendo máis común atopala baixo pontes na nosa comunidade.

O Cabalo Galego, o mellor instrumento para conter os toxos nas nosas montañas.


No hay comentarios: