viernes, 28 de agosto de 2009

Mes de Agosto

Este mes de Agosto pouco a pouco foise animando en canto especies en paso. Unha das especies interesantes pola serra, foi este Bilurico alinegro (Tringa ochropus) a primeiros de mes. A foto non é moi alá, pero déixase ver.

Un Picanzo real (Lanius meridionalis) leva xa algún tempo nunha zona de penedías no Suído. No mesmo punto onde o ano pasado localicei un exemplar nestas datas.

Dous exemplares de Miñato abelleiro (Pernis apivorus) na Insua (Ponte Caldelas). Este é un deles.

A partires de mediados de Agosto, e máis nesta última semana, diferentes especies deixáronse notar con forza pola serra.
Numerosos Cucos (Cuculus canorus).

Avenoiteira (Caprimulgus europaeus).

Con gran intensidade entraron os Picafollas. Case todos Phylloscopus ibericus e algún Phylloscopus trochilus.

Entrada dos primeiros xuvenís de Chasco norteño (Saxicola rubetra), contando no día onte máis de dez exemplares.

Un aumento espectacular de Chasco común (Saxicola torquata). Case todos xuvenís. Como se saísen dunha última rolada de tódalas parellas.

Os primeiros exemplares en paso de Pedreiro cincento (Oenanthe oenanthe). Algún destes misturándose cos residentes.

Os sempre comúns nestas datas, Papamoscas negros (Ficedula hypoleuca).

No día de onte as Picas das árbores (Anthus trivialis), estaban presentes por toda a serra do Suído.

Algúns bandos de Liñaceiro común (Carduelis cannabina).

E os case sempre presentes...
Falco tinnunculus

Buteo buteo

e esta fermosa Aguia albela (Circaetus gallicus), que non puido escoller mellor pousadoiro (fixádevos na cara que se ve na pedra).

¡Esperemos que este mes de Setembro non sexa aburrido!

Argiope bruennichi

2 comentarios:

Cosme Damian Romai Cousido dijo...

Fermosas fotos Óscar. O Suído é desde logo un paraíso natural...

Só unha nota: a pica da foto é seguro pica das árbores (Anthus trivialis). A pica dos prados (Anthus pratensis) comezará a verse en Galiza en 2-3 semanas, se ben é verdade que ocasionalmente se pode ver algún exemplar antes.

Unha aperta desde Holanda,
Damián

Óscar M. Roza dijo...

¡¡Non se che escapa unha!!

Xa está arranxado. O certo é que as datas tampouco me cadraban moito. Fora escusas, o que me levou a engano foi a cantidade de exemplares (a parte da certa similitude da especie). Nunca pensei que puideran ver tantos exemplares. Contei un grupo de dezaoito e o resto movíanse entre os cinco e dez. Véndose ó longo de toda a serra.

Gracias por estar aí, un saúdo.