martes, 8 de septiembre de 2009

Anelando no Suído e tentando censar aves.

Estes últimos días pola serra do Suído, o paso posnupcial vai collendo máis intensidade.
O pasado día 1 de Setembro, estiven acompañando a Pablo A. Sanmartín toda a maña, tentando anelar aves no Suído. A pesares do aire que facía e o estar practicamente en campo aberto, isto foi o que saíu.

Peto formigueiro (Jynx torquilla) 1
Picafollas ibérico (Phylloscopus trochilus) 5

Pica das árbores (Anthus trivialis) 3

Chasco (Saxicola torquatus) 2

Carrizo (Troglodytes troglodytes) 2

Azulenta común (Prunella modularis) 2

Papuxa montesa (Sylvia undata) 1
Papuxa común (Sylvia communis) 1

Total 17 anelados de 8 especies distintas

Este é o Peto formigueiro (Jynx torquilla) que se capturou para anelamento.


Con este, xa son tres os exemplares que levo visto neste paso prenupcial pola serra.

Destacar tamén esta Aguia caudal (Hieraaetus pennatus) que pasou voando a certa altitude, mentres nos atopabamos no lugar..

Contando xa co incremento de aves, este Luns fixen un percorrido duns 3 Km (sen contar a volta), tentando censar algo das aves. Só indicando que eu considero máis ou menos interesante.

Pedreiro cincento (oenanthe oenanthe) - 11 ex.

Picanzo real ( Lanius meridionalis) - 1 ex.

Picafollas cantor (Phylloscopus trochilus) - Séguense vendo por cal quer punto.

Papamoscas negro (Ficedula hypoleuca) - numerosos exemplares.

Papamoscas cincento (Muscicapa striata) - mínimo 5 ex.

Chasco norteño (Saxicola rubetra) - 15 ex.

Papuxa apardazada (Sylvia borin) - 1 ex. Primeiro observación persoal na serra desta especie. A ave atopábase nun pequeno Piornal.

Pica das árbores (Anthus trivialis) - séguense vendo por cal quer punto.

Bilurico das rochas (Actitis hypoleucos) - 2 ex.

Merlo rieiro (Cinclus cinclus) - 1 ex.

Lavandeira verdeal (Motacilla flava flava) - Numerosa. Destacando dous adultos e un xuvenil anelado con metal.

Ave anelada

Lavandeira verdeal (M. f. flavissima) - 2 ex.

Lavandeira verdeal (M. f. thunbergi) - 2 ex. Un deles amosa cella branca como os observados o ano pasado. O outro sen ela como o típico de esta ssp.


Ave con cella branca


Esta é unha vista parcial do Pozo de Piñeiro. Có nivel de auga algo descendido, quédanlle algunhas marxes, onde os Biluricos poden pararse no seu paso migratorio.

Lasiocampa quercus


3 comentarios:

Rubén Portas dijo...

Non deixaran de asombrarme as túas fotos. Vexo que Pablo está en todas!
Saúdos

Marcos Suárez dijo...

Preciosa presentación, e impresionantes fotos. Noraboa.
Saúdos

Cosme Damian Romai Cousido dijo...

Saúdos Óscar!

Únome aos parabéns polas túas fotos. Oe, tés algunhas imaxes do Suído de libélulas? Se tés tempo, poderías subilas? Non sei se che comentei que ando moi interesado neste grupo de insectos, e da zona do Suído hai moi pouca información.

Grazas!
Damián