jueves, 24 de septiembre de 2009

Cumprindo seis meses

Pois si. Xa fan seis meses que chegou ó seu territorio na serra do Suído, este macho de Pedreiro cincento (Oenanthe oenanthe). A día de hoxe aínda segue polo seu lugar de cría, xunto a súa familia.
Polo de máis, esta semana, houbo un notable aumento de aves por toda a serra. Principalmente de Pica dos prados (Anthus pratensis) e Laverca común (Alauda arvensis).

Oenanthe oenanthe, Saxicola rubetra, Ficedula hypoleuca, Phylloscopus trochilus e Motacilla flava, seguen observándose en bo número, con algún que outro Muscicapa striata.

Saxicola rubetra

Muscicapa striata

Phylloscopus trochilus

Motacilla flava flava

Entre Motacilla flava case sempre aparece algún exemplar de da ssp Británica M. f. flavissima, e tamén xa son varios os exemplares da ssp Escandinava M. f. thunbergi, que se deixaron ver polo Suído, destacando a observación de tres individuos xuntos nun mesmo bando.

M. flava flavissima

M. flava thunbergi

Séguense observando algúns exemplares de Peto formigueiro (Jynx torquilla) e bandos de Andoriñas do cu branco (Delichon urbica), que se achegan dende as aldeas da contorna (onde teñen os durmideiros) para comer insectos polo alto da serra.

Delichon urbica

Este grupo estaba integrado por algo máis de cincuenta exemplares.
Se non se me esquece nada, so destacar a presenza dun xuvenil de Gatafornela (Circus cyaneus) e este exemplar de Becacina (Gallinago gallinago), que é o primeiro que observo neste paso posnupcial.
Gallinago gallinago


Rana perezzi

No hay comentarios: