jueves, 22 de octubre de 2009

OENANTHE OENANTHE 2009

¡Moitas horas!
Moitas foron as horas que estes espelidos exemplares me comeron no campo. Máis concretamente, unha parella en si.


A finais de Marzo deste 2009 os primeiros machos de Pedreiro cincento xa se deixaron ver polas serras. Curiosamente tres individuos, estaban nos territorios xa ocupados na serra do Suído en 2008. Catro en total eran os territorios ocupados na serra e case outros tantos no Faro de Avión.
Ata finais de Abril non observei as primeiras femias da especie polas serras. Unha tardanza case exacta dun mes con respecto os machos. Aínda que ben é sabido da chegada anticipada dos machos en diferentes especies, creo que un mes e un exceso (¿condicións climáticas?).
Durante este tempo de espera dos machos, foron barias as leas que tiveron con diferente exemplares da súa especie que pasaban polos seus territorios, ou directamente entraban en disputas por el como é o caso deste vídeo que podedes ver.


Logo deste proceso, e coa chegada das femias, comeza certo frenesí polo cortexo das femias. Sendo este máis acusado onde se atopaban máis de un macho.

Parella en cortexo

A relación de fotos que se van ir vendo, están colocadas por orde no tempo (agás a última), onde se pode ir vendo a avolución das plumaxes dos exemplares. Case na súa totalidade son todos os mesmos exemplares, agás algún do paso migratorio que se foi colando, os demais son da mesma familia na serra do Suído, que por segundo ano teño o pracer de observar por estar nun dos lugares que máis me gusta campar.


O seu territorio atópase nunha pequena elevación entre dúas turbeiras. Lugar con afloramento de granito e seixo, coa maior parte do solo de herba. O principal lugar de campeo é a turbeira, un lugar que proporciona unha boa despensa de alimento pola cantidade de insectos que aquí poden atopar e pasando facilmente desapercibidos entre os túmulos de herba existentes. A turbeira tamén é o lugar que este macho usa para facer os seus reclamos, poñéndose nos altiños de herba e alí deixarse notar.
Ex. macho 26-3-09

A finais de Marzo, este macho xa se atopaba polo seu territorio, campando tranquilamente pola herba, con un estado de muda na que realmente as cores fánseme moi cálidas e fermosas.


Logo dun período de mal tempo durante Abril, a finas dese mes chegou un tempo tranquilo e soleado, que xunto con este comezaron a chegar femias polas serras.

Ex. femia 23-4-09


Coa chegada da houbo algo máis de actividade, pero non demasiada. A ausencia neste lugar de outros machos competidores, fai a estancia tranquila.



As primeiras semanas, o macho frecuentaba máis os seus reclamos, algunhas situacións de cortexo e pouco máis.
Durante dous meses foron inseparables (finais de Abril, finais de Xuño), andando dun lugar a outro todo tempo xuntos.

Macho 30-4-09

Femia 2-6-09

A finais de Xullo xa detecto a ausencia da femia, e durante diferentes xornadas a alternancia de macho por femia, xa me fan sospeitar de que xa comezaron a incubar.

Femia 25-6-09

A finais de Xullo xa se deixan ver os polos. Dous exemplares que saíron do niño, esparexidos en dous puntos diferentes. Sen poder voar aínda, son alimentados constantemente polos pais.

Femia 21-7-09


Macho 21-7-09


Cando comezan a voar, un dos polos vaise coa femia un pouco afastados do territorio e o outro quédase co macho na zona de cría, sendo estes case inseparables.

Xuvenil 26-7-09 nas primeiras xornadas de voo



Como vedes este é o polo que se quedou co macho. Tentei ir recompilando máis eu menos o proceso de muda deste exemplar todo o que puiden e o cal vou indicando como xuvenil.

Xuvenil 27-8-09


A partires de mediados de Agosto xa se comezaron a ver exemplares en paso migratorio, e semella que facía de efecto chamada estes exemplares aquí instalados a todos os que ían en paso, porque foron moitos os que se querían xuntar a esta familia para descansar. Este macho parece que non estaba moi da cordo que se lle xuntaran exemplares no sei territorio e no cal mantivo bastantes leas.

Macho doSuído controlando e tentando expulsar outro macho en paso migratorio do seu territorio. Pódese ver os diferentes estados de muda (esquerda o exemplar do Suído).

Eu tentaba seguir fotografando o xuvenil , pero coa muda xa moi avanzada en Setembro facíase complicado distinguilo dos demais, pero o macho dábame unha oportunidade porque os exemplares da súa familia eran os únicos que deixaban que se lles achegase.

Exemplar en paso - posible xuvenil 21-8-09

Xuv. do Suído 9-9-09

Oenanthe oenanthe - Phylloscopus trochilus


Unha das apreciacións en canto a muda para tentar distinguir xuvenís de femias adultas, e que estas na muda amosan unha tonalidade máis escura en peito e ventre os xuvenís teñen un aspecto xeral máis pálido.



Xuvenil 14-9-09



Macho 14-9-09

A finais de Setembro, cumprindo seis meses da primeira chega, estas aves abandonaron o seu territorio por última vez por este ano. Esperemos que sigan regresando moitos anos máis.

Escena familiar 21-9-09



Xuvenil 21-9-09



P.D. - Cando comecei a buscar estas aves pola serra, un erro que cometín foi centrar a búsqueda observando nos altos das pedras. Si é certo que estas aves buscan zonas altas para situarse, pero isto sucede principalmente coas aves que están en migración ou se senten ameazadas e necesitan controlar o perigo. Durante a época de cría, isto non é a tónica xeral, pasando estas a maior parte do tempo campando polo chan. Por propia experiencia isto fainas facilmente pasar desapercibidas.

1 comentario:

jag dijo...

Gracias Oscar por este magnifico post y en xeral polo teu blog, unha porta aberta para descubrir a Serra do Suido e o mundo das aves, unha agradable sorpresa para min, un ferrolan que veu fai xa dous, anos a vivir a Pontevedra, e que se escapa sempre que pode a buscar o que ti tan ben mostras.

Gracias, outra vez y noraboa polo teu ben-facer.

Juan