miércoles, 14 de octubre de 2009

Vai de Libélulas

Por petición de Damián Romai vou subir unhas fotos de Libélulas, feitas no Suído.
Practicamente non entendo de insectos, e por iso non me paro moito a facerlles fotos. Pero se algún se pon a tiro, aproveitase a ocasión.

Estas son as únicas tres especies que teño nos meus arquivos fotográficos, que sexan feitas no alto da serra do Suído.
Orthetrum coerulescens - macho

Orthetrum coerulescens - femia

Calopteryx virgo - macho

Cordulegaster boltonii

Polo demais, poucas novidades. So destacar a presenza do primeiros exemplares de Pica alpina (Anthus spinoletta)


moitos individuos de Pica dos prados (Anthus pratensis)


e xa poucos exemplares de Chasco norteño ( Saxicola rubetra) e Pedreiro cincento (Oenanthe oenanthe)


Bando de Perdiz rubia (Electoris rufa)


Falta moi pouco para que comece unha nova tempada de caza. Xa me teño que ir facendo a idea de que vaian desaparecendo case todo ser vivo das mellores zonas da serra para observar todo tipo de especies.

Canis lupus signatus

5 comentarios:

Anónimo dijo...

Ola Oscar!!

Ti tes unha manada de lobos na casa non? flipantes as fotos que lles sacas... bueno, como todo o teu blog, en xeral

Apertas

Sergio París

Rubén Portas dijo...

Boas Oscar, que tal?
Moi boa a foto do lobo, si señor!
Vexo que o grupo do Suído N deixase ver ben ;)
Se che interesa o tema, teño pendiente dar unha ponencia sobre a situación do lobo en Galicia no teatro principal de Pontevedra o vindeiro 11 de novembro ás 20-20h30. Espero verte
Apertas
Rubén
p.d. cambieille o nome ó blog, agora é http://noroesteiberico.blogspot.com

Óscar M. Roza dijo...

Sergio, podes estar tranquilo, que na casa non teño lobos. Mellor están no monte, que é onde teñen que estar.

Rubén, se me cadra ben o día 11, tentarei estar, teno por seguro.
En canto os lobos non son do Suído N. E se sé deixan ver ben, non sei que che diga. Digamos que eu non ando a ver lobos, pero se voto contas das miñas horas de campo, polo número de avistamentos... digamos que se deixan ver máis ben pouco.

Un saúdo e graciñas a todos.

Cosme Damian Romai Cousido dijo...

Saúdos Óscar!

Grazas polas fotos das libélulas, e noraboa pola súa calidade.

Por se queres poñer os nomes nas fotos, de arriba a abaixo hai 1 macho maduro de Orthretum coerulencens, 1 femia da mesma especie, 1 macho de Calopteryx virgo e 1 fermosa Cordulegaster boltonii.
Non sei se algunha vez che recomendei a guía de odonatos de Dijkstra & Lewington:
https://www.weboryx.com/phtml/ficha.phtml?r=1&Total=0&buspalabra=Dijkstra&tipo=1&menu=libreria&ord=

Pois iso, grazas e de novo parabéns polo blog,
Damián
PD: que ben se portan os lobos no Suído ;)

Cosme Damian Romai Cousido dijo...

Puxen mal o nome da primeira: é Orthetrum coerulescens.