lunes, 26 de enero de 2009

CINCLUS CINCLUS

A serra do Candán, Testeiro, Cando, Suído, Faro de Avión e os montes próximos son unha barreira natural que frea considerablemente as nubes cargadas de humidade do Océano Atlántico e evitando que penetren con forza no interior da comunidade galega. Por iso non é de estrañar que a serra do Suído sexa un dos lugares con maior número de precipitacións anuais de Galicia. Dada a cantidade de auga, son moitos os ríos e regatos que nacen nestas serras, como o Avia, Oitaven, Tea, Verdugo... sendo estes cursos de augas limpas os que enchen de vida todo aquel lugar por don de pasan, e que é onde habita unha ave que para min e a raíña destes ecosistemas, o Merlo rieiro (CINCLUS CINCLUS).

              


Onde vexamos este paxaro, podemos dicir que é sinónimo de pureza das súas augas, por iso tal vez non sexa máis abondosa, porque cada día son máis os ríos con contaminación ou co seu ecosistema degradado.



Na miña area de influencia, onde me quedan moitas zonas por percorrer, podo dicir que non é do máis abondoso pero si esta máis ou menos ben repartido. Sendo este feito moi importante para poder colonizar novos territorios da provincia.

              

En todos os lugares que puiden observala, ten preferencia polos cursos de auga con bastante movemento, a anchura do río parece ser que non é o máis importante, podendo atopar exemplares instalados en cursos de uns 2 metros incluso menores, pero todos eles non teñen que estar moi pechados pola vexetación.

 


Unha ave asombrosa, que seguramente toda persoa que ten a oportunidade ver detidamente por primeira vez queda abraiada pola súa soltura na auga, como foi o meu caso. A súa forma de nadar, o seu estilo o entrar na auga, a facilidade en remontar a forte corrente do río...  sen dúbida, algo difícil explicar con palabras.







 
 






Na seguinte serie de imaxes podemos ver como tras coller tal vez unha larva de Cabaliño do demo, onde se observa na segunda e terceira imaxe (sendo este unha das especies que máis captura no río Verdugo), e nas seguintes outra tamén semellante, onde se pode ver como a golpea repetidas veces ata que extrae o corpo interior do insecto.



 


Cando a climatoloxía non permite ir ver aves pola serra (como este inverno) ou en en época de menor presenza de aves, e cando máis tempo lle adico a ver especies sedentarias na provincia,
e tan entretidas como pode ser o caso. Como xa comentaba, este inverno foi algo complicado pola serra e xa coa intención de facer esta reportaxe, adiqueille un tempo a maiores por se podía acadar algún material novo. O certo e que algo conseguín sacar.
Ben é sabido, que en Europa existen dúas razas de Cinclus como base principal a hora de definilas, que son C. c. aquaticus (con cabeza de cor castaño máis claro e ventre avermellado) e C. c. cinclus que en teoría son os que nos corresponderían en Galicia (con cabeza algo máis escura e ventre tamén escuro). Tamén podemos atopar diferentes aspectos en canto a tonalidade da plumaxe, e apuntar quizais algunha outra ssp. Como a miña información da especia a nivel Europeo non é moi ampla, vou expoñer so os datos que podo aportar das miñas observacións dos seus trazos principais a hora de observala, que son cabeza e ventre.

1. O 100% dos exemplares vistos todos tiñan a cabeza de cor castaña máis ben clara, como é o caso da foto.


2. A coloración do ventre si que amosa variacións. En tódolos exemplares que puiden confirmar con certeza este trazo, comprobei que teñen unha tonalidade normalmente moi escura, pero nunca acadando un negro intenso e presentando sempre un aspecto acastañado (con tonalidade idéntica o da cabeza), sendo máis ou menos notorio segundo o exemplar. Este trazo chega a ser moi complicado de distinguir en moitas ocasións se non temos unha luz axeitada e aparentando en moitas ocasións ser negro puro, cando non é tal.

No exemplar da foto vemos perfectamente o aspecto do ventre de cor acastañado.



3. A excepción foi esta ave con ventre de cor avermellada que se prolonga ata ben entrada a barriga. Os seus trazos aproximaríanse máis a C. c. aquaticus que a un C. c. cinclus. Galicia non se atopa nun lugar limítrofe entre subespecies e dado a condición da ave de moi sedentaria desbotaría a procedencia dun exemplar das illas Británicas ou centro Europa. Tal vez poderiamos estar falando de unha tonalidade inusual en un C. c. cinclus ou influencia de exemplares procedentes do Leste e Sur da Península Ibérica onde si se atopa C. c. aquaticus e incluso na Cordilleira Cantábrica.

Este é o exemplar que presenta trazos tipo C. c. aquaticus, onde se se observa a cor avermellado do ventre.



Se alguén pode aportar algunha información sobre esta ave, sería de agradecer. Ben se pode poñer en esta entrada ou no meu correo persoal que podedes atopar xunto o meu perfil.

Graciñas de antemán e espero que vos guste o post.