miércoles, 17 de junio de 2009

Bo tempo, para saír ó campo.

Ultimamente son poucas as novidades que puiden ver pola serra do Suído e a súa contorna.
Xa son moitos xuveniles de diferentes especies que se deixan ver, e xunto a estes frenética actibidade dos adultos, para aportarlle alimento e a ensinarlle o que é a vida en liberdade. Chea de perigos e atrancos.

Unha ave crepuscular como pode ser o Moucho común (Athene noctua), ten nestas datas unha actividade case diúrna. Un gran momento de satisfacción percórreme o corpo, mentres observo estes exemplares nos seus comportamentos durante a claridade do día, capturando insectos con gran afán.

Esta parella, no concello de Fornelos esta en plena actividade. Teñen cando menos un polo case voandeiro, que non deixa de reclamar alimento constantemente.


Os Bicotortos (Loxia curvirostra) e bastante curiosa a súa rápida dispersión tras a cría. Onde se deixan ver e escoitar xa dende primeiros de mes, en diferentes piñeirais do Suído e a súa contorna.
Os Trigueiros (Miliaria calandra) son realmente incansables. Manteñen os seus reclamos enérxicos, durante todo o día o igual que a Pica das árbores (Anthus trivialis).

Miliaria calandra

Anthus trivialis

Carduelis cannabina, macho
Mentres se cumpre máis ou menos un mes da chegada dos primeiros exemplares de Picanzo vermello (Lanius collurio). Chega o momento da construcción dos niños.
Macho de Lanius collurio
Agora mesmo moitas parellas xa se atopan consolidadas e asentadas nos seus territorios. Vendo cal é a silveira ou a estripeira ben mesta, que poida gardar o sei niño.

Teño controladas con certeza entre os concellos de A Lama, Fornelos e O Covelo 18 parellas. Sendo este un momento axeitado para ver os curiosos cortexos que lle fai o macho a femia, con constantes bailes de cabeza mentres se ergue cara o ceo preto desta.

Femia de Lanius collurio

O meu non son os insectos, pero este pequeno alado púxose preto do obxectivo.
¡¡Espero non confundirme de especie!!

Melitaea Mellicta deione