viernes, 28 de agosto de 2009

Mes de Agosto

Este mes de Agosto pouco a pouco foise animando en canto especies en paso. Unha das especies interesantes pola serra, foi este Bilurico alinegro (Tringa ochropus) a primeiros de mes. A foto non é moi alá, pero déixase ver.

Un Picanzo real (Lanius meridionalis) leva xa algún tempo nunha zona de penedías no Suído. No mesmo punto onde o ano pasado localicei un exemplar nestas datas.

Dous exemplares de Miñato abelleiro (Pernis apivorus) na Insua (Ponte Caldelas). Este é un deles.

A partires de mediados de Agosto, e máis nesta última semana, diferentes especies deixáronse notar con forza pola serra.
Numerosos Cucos (Cuculus canorus).

Avenoiteira (Caprimulgus europaeus).

Con gran intensidade entraron os Picafollas. Case todos Phylloscopus ibericus e algún Phylloscopus trochilus.

Entrada dos primeiros xuvenís de Chasco norteño (Saxicola rubetra), contando no día onte máis de dez exemplares.

Un aumento espectacular de Chasco común (Saxicola torquata). Case todos xuvenís. Como se saísen dunha última rolada de tódalas parellas.

Os primeiros exemplares en paso de Pedreiro cincento (Oenanthe oenanthe). Algún destes misturándose cos residentes.

Os sempre comúns nestas datas, Papamoscas negros (Ficedula hypoleuca).

No día de onte as Picas das árbores (Anthus trivialis), estaban presentes por toda a serra do Suído.

Algúns bandos de Liñaceiro común (Carduelis cannabina).

E os case sempre presentes...
Falco tinnunculus

Buteo buteo

e esta fermosa Aguia albela (Circaetus gallicus), que non puido escoller mellor pousadoiro (fixádevos na cara que se ve na pedra).

¡Esperemos que este mes de Setembro non sexa aburrido!

Argiope bruennichi

lunes, 3 de agosto de 2009

Máis aves para o Suído

Vaia Verán que estamos tendo. Nubes e poalla non faltaron este mes de Xullo. Este foi o panorama que vin hai poucas datas no Suído.


Como tantas outras veces, unha masa imparable de nubes, procedentes do mar, fórono cubrindo todo. A serra chegou case de noite, pero na costa seguro que se fixo de noite máis cedo.
Falando xa de aves, un dos que se deixou ver no interior da provincia, foi o sempre misterioso Bufo real (Bubo bubo), que puiden observar o pouco de entrar a noite, de mera casualidade. Outra sorpresa dos últimos días, foi ver dous Cucos papudos (Clamator glandarius) máis, na serra do Suído. Con estes, xa vou sumando un bo número de especies de aves que vou vendo na Suído. Este Luns tiven que engadir outra especie. Un inmaturo de Miñato real (Milvus milvus), descuberto este Domingo por Miguel Mosquera. Sen dúbida unha das aves rapaces máis fermosas da península.


Piden observala durante largo rato, e incluso ver como capturaba unha pequena serpe. Xusto antes de atrapar ó ofidio, levantou unha ave ó seu paso, a cal eu non lle prestei atención. Por sorte tireille unha foto nese momento, e resulta que era un Picanzo real (Lanius meridionalis), ave tamén moi escasa por esta serra.
Como se soe dicir, "matei dous paxaros dun tiro".

Milvus milvus - Lanius meridionalis

Logo de comer parte da serpe non lle faltaron ganas de darlle barias pasadas a un grupo de Estorniños. Con pouco éxito.



Esta é unha voa época en canto a alimento, esperemos que aguante este milvus uns cantos días.



Como é habitual por estas datas, comezan a aumentar o número de aves rapaces na serra. Principalmente moitos de Miñatos (Buteo buteo). Moitos destes son xuvenís, sendo fáciles de ver nun pousadoiro, ou parados no aire mentres buscan unha presa.



Outros que aumentan en gran número, son os Lagarteiros (Falco tinnunculus). Este ano xa se comezan a ver unha boa densidade de exemplares. Estas aves sempre lles gusta formar grupos, e case sempre en zona de rochedo, para poder pousarse e comer a presa con tranquilidade logo de capturala.


O grupo máis numeroso que contei este ano, foron 12 exemplares.

Circaetus gallicus- Falco tinnunculus

Este Luns tamén había unha boa cantidade de Andoriñas do cu branco (Delichon urbica) en paso por toda a serra do Suído. Esta, é unha delas.



Polo resto de especies nidificante, parece que a cousa non foi de todo mal.
Xa puiden ver os primeiros xuvenís de Pedreiro cincento (Oenanthe oenanthe), con uns pais sempre inseparables.


A parella de de Merlo rubio (Monticola saxatilis) creo que tamén tiveron, e a estas alturas a prole xa abandonou o niño.


Este exemplar de Pica papuda (Anthus campestris) aínda se atopa polo seu territorio. Non creo que lles falte moito para ir marchando.


Algo sorprendido quedei, con este xuvenil de Aguia albela (Circaetus gallicus), que posiblemente sexa un polo de este ano. Estas imaxes mostran unha escena onde o xuvenil lle reclama alimento a este adulto con unha serpe. O que me deixa desconcertado é a data 28-7-09. Un tanto cedo para o meu entender.


En canto as Tartarañas (Circus pygargus), polo de agora so puiden confirmar con certeza tres polos deste ano. So espero que sexan máis, pero con tanta auga... a saber como foi a cousa.
Aquí queda unha foto dunha das negriñas do Suído.


Un arácnido tampouco queda mal por aquí, que na serra son abondosos.

Araneus diadematus