sábado, 21 de noviembre de 2009

Un pouco de todo

Ultimamente entre o mal tempo e o pouco tempo que teño, non foron moitas as saídas que fixen ó campo. Aínda así, algo puiden ir vendo.
A chegada dos primeiros Aythya ferina o encoro de Eiras con 38 exemplares (con movementos entre o encoro e a enseada de San Simón).


Dende primeiros de mes, vense pequenos bandos de Carduelis spinus en case cal quer lugar onde teñamos Bidueiros ou amieiros. Polas carballeiras numerosos Fringilla coelebs, que xunto con estes localicei dous Fringilla montifringilla, na zona de A Graña (O Covelo).

Fringilla montifringilla

Polo demais pouca cousa. Un gran número de Anthus pratensis por todos lados, con grandes bandos no Suído e polo de agora poucas Anthus spinoletta en comparación co ano pasado.

Anthus pratensis
Continúa un exemplar de Lanius meridionalis no Suído.
Estaba sendo acosado por diferentes Anthus pratensis, e na foto pode verse un destes exemplares en plena acción.


Estas son algunhas fotos dos últimos días...

Sitta europaea

Falco tinnunculus

Buteo buteo

Tyto alba

e estas libélulas Sympetrum striolatum podían contarse por ducias no encoro de Eiras a primeiros de mes, con unha gran actividade.



Onychogomphus uncatus no río Tea.

Onychogomphus uncatus