miércoles, 27 de enero de 2010

ANTHUS CAMPESTRIS 2009

Un ano máis a Pica campestre regresou ós lugares onde ven criando na serra do Suído.


Tiven o primeiro contacto con un exemplar na serra o 13-4-09. Pero non foi ata primeiros de Maio cando puiden asegurar que os exemplares estaban asentados nos seus territorios e non fosen confundidos con outros posibles en paso migratorio.


Un destes territorios sufriu un forte desbroce no Outono de 2008.
Cos primeiros exemplares que atopei neste lugar, seguían estando nos mesmos pousadoiros. Os poucos días (en vista de como estaba o panorama) desapareceron do lugar.


Dándome algún que outro percorrido pola zona, atopeinos asentados a uns 200 - 300 mts de onde o viñan facendo. Atopándose agora ambos territorios xusto nos limites das provincias de Pontevedra e Ourense, en zonas de pedregullo con vexetación moi baixa e rala.


Polo de máis pouco podo aportar. O Suído é moi grande e un non sempre pode estar a todo. Aínda así entre algunha que outra visita puiden escoitar os seus reclamos, as distintas interaccións entre exemplares e a sempre esperada observación dos primeiros xuvenís.


Sempre hai que estar moi atento porque cando os polos saen dos niños cesa moito a súa actividade e son máis complicados de localizar. Os adultos dispérsanse moito dos seus territorios e pode facerse complicado comprobar se certamente sacaron algo de prole a diante.
Neste 2009, con algo de sorte puiden ver algún exemplar e incluso tirarlle unha que outra foto que non tiña nos meus arquivos.


O meu último contacto con un xuvenil no seu territorio foi a primeiros de Agosto, e tendo varias observacións de xuvenís en paso a primeiros de Setembro.

Esperemos que en este 2010 retornen e incluso que se queden máis exemplares.

2 comentarios:

Fernando Pereiras dijo...

Menudas fotos!!! con esto ilustramos una buena guia.
Enhorabuena por el avistamiento y por las fotos.
Saludos de uno que vivio mucho tiempo al lado, en Tui.

Cosme Damian Romai Cousido dijo...

Únome aos parabéns!

Interesantísima entrada dun dos passeriformes máis descoñecidos da avifauna galega.

Apertas,
Damián