sábado, 16 de enero de 2010

MONTICOLA SAXATILIS 2009

Un ano máis voltamos ter estes exemplares pola serra do Suído, e pola mesma zona onde veñen aniñando os últimos anos.


Dende finais de Abril, tiven o primeiro contacto con esta femia, e en días posteriores con dous machos cantores.
Coa presencia de varios exemplares, e un moi bo sintima para a especie no lugar.



Unha das xornadas que máis disfrutei coa especie, foi a mediados de Maio cando puiden ver o cortexo dunha parella. Realmente un espectáculo do macho. A femia colocada nun penedo e o macho describindo círculos o redor dela, mostrando todo o rabo estendido arrastrando este polo pedra nunha postura encorbada coas ás decaídas e movéndose a un ritmo frenético. En este momento de éxtase a femia peneirábase no aire de cando en vez, pero sendo máis frecuentes os do macho con moita máis intensidade. Sen dúbida un momento para o recordo.



Neste ano non escolleron moi ben a colocación do niño. Desprazándose un pouco de onde o viñan facendo e a vista de onde estaba tiveron que soportar unha certa presión humana innecesaria.
A finais de Xuño primeiros de Xullo xa puiden observar principalmente ó macho transportar constante alimento o niño e en numerosas entradas o niño o macho retiraba excrementos da súa prole onde os deixaba caer preto do lugar.
E unha incertidume para min non saber cantos exemplares puideron sacar, ou, se conseguiu sobrevivir algún.


Dende mediados de Xullo, so conseguín ter algún que outro contacto co macho polas zonas próximas, sendo a última o 31-8-2009 onde amosa este estado de muda.

3 comentarios:

Rubén Portas dijo...

Votábamos en falta unha actualización!
Como sempre, dun excelente nivel. Saúdos

Cosme Damian Romai Cousido dijo...

Grazas Óscar pola actualización, referida a unha especie moi pouco estudada en Galiza e que, grazas a ti, se atopa magnificamente documentada na nosa terra. Parabéns.

Saúde,
Damián

Óscar M. Roza dijo...

Graciñas a vos, e espero poder seguir aportando máis durante este ano e ir actualizando todo o que poida mentres o tempo mo permita.

Un saúdo