martes, 16 de febrero de 2010

MOTACILLA FLAVA THUNBERGI

Sen dúbida as Motacilla flava están sendo un gran descubrimento pola miña parte. Este é o segundo ano que lle presto bastante atención a esta especie e resulta realmente apaixoante buscar entre os grupiños que se forman no paso posnupcial, e intentar atopar algunha subespecie das diferentes que se poden atopar por toda Europa.
A gran maioría dos exemplares son xuvenís, ou están mudando e iso complica moito algunha identificación e por iso só confirmo as que son realmente seguras e non teñen lugar a dúbidas. Un dos aspectos máis cambiantes aparte do colorido é a construción cefálica segundo spp e tamén segundo sexa macho femia ou xubenil. Neste PDF podedes observar diferentes trazos xerais, aínda que velas no campo non sexa o mesmo que telas na man.

Nestes dous exemplares obsérvanse moi ben as diferencias cefálicas.

A spp que nos ocupa neste momento a Motacilla flava thunbergi procedente de Escandinavia e a máis escasa de todas que pasan regularmente polas serras galegas. No pasado 2009 puiden confirmar con certeza ata cinco exemplares diferentes e inclusive tres estaban alimentándose xuntos con outras Lavandeiras.
Tódolos exemplares de thunbergi que levo visto, aparentemente son xuvenís.

Unha pequena recopilación dos exemplares que puiden obter fotografías.


Anímovos a todos que lle prestedes máis atención a estes exemplares, que seguro que van saíndo cousas interesantes.
Persoalmente creo que non é tan rara como se puidera supoñer, porque unha pequena formiga coma min dentro do territorio galego e nunha mesma zona xeográfica din atopado en 2008 - 2009 tres e cinco exemplares respectibamente. Négome a pensar que non tivesemos uns cantos máis polo noso territorio.

1 comentario:

Rubén Portas dijo...

Menuda foto de Portada! Impresiona!
Saúdos.