lunes, 26 de abril de 2010

Primeiras chegadas

A verdade que xa da gusto andar estes días polas nosas serras a primeiras horas da maña. O calorciño xa se deixa sentir e as aves tamén o agradecen, que dende as primeiras luces do día xa comezan a realizar os seus cantos.
Para min un dos máis agardados e sentir o canto do Merlo rubio (Monticola saxatilis), que un ano máis vólvese escoitar pola serra do Suído. Parece que polo de agora so hai un macho, e este pásase todo o día cantando en busca dunha resposta. Estaremos atentos como vai indo a cousa. Un par de fotos destes días.


Tamén xa chegaron algunhas Picas papudas (Anthus campestris) con tres exemplares nos mesmos territorios de anos anteriores.


Destacar un ano máis unha boa densidade de Cuco (Cuculus canorus) no Val que comprende a zona alta do río Tea entre o Suído e o Faro de Avión. Con barios machos cantores e algún moi doado de ver na zona do Suído, cantando de penedo en penedo.
Esta femia tal vez estaría agardando a súa oportunidade para depositar algún ovo.


Polo demais e unha magoa mencionar o xa patente retroceso da Aguia albela (Circaetus gallicus) na serra do Suído dende a construción do parque eólico. Pasando de común ata case dicir esporádica. So espero que aínda que se vexan menos, ningún outro exemplar tivese algún tipo de atranco cos aeroxeradores e soamente cambiasen de lugar de campeo.

En canto a Tartaraña cincenta (Circus pygargus) on sei como estará a cousa por outros lugares pero estou vendo moi poucos efectivos, con so dúas parellas asentadas. Unha no Faro de Avión e outra no Suído. Tal vez terá que ver que este ano as xeadas caíron con forza ata hai poucas datas e as toxeiras nas zonas altas aínda están moi queimadas e case sen agomar, e se a isto lle sumamos os desbroces e as queimas que se fixeron... pois a cousa non pinta moi ben. Xa se verá que vai sucedendo. Como se di normalmente "unha de cal e outra de area".

Espero non ser pesado, pero non podo evitar poñer un par de fotiños de estas aves.


Se alguén sabe o nome desta bolboreta e mo quere indicar sería de agradecer. Puiden ver un par deles polo Suído.

6 comentarios:

Antonio Sandoval dijo...

Una vez más, preciosas fotografías. ¡Da gusto visitar este blog!

Anónimo dijo...

O outro dia vim uma parelha de tartaranhas na estrada que vai da Lama a Giesta, pouco depois do cruze que vai a Linhares. Será essa a parelha que tens controlada no Suido?

Ramón

Anónimo dijo...

A fêmea era melánica

R.

Óscar M. Roza dijo...

Graciñas Ramón

Pois non non é a que teño visto. Os últimos anos teño controlada unha parella por esa zona, que este ano aínda non conseguira ver e non lonxe dese lugar tiñamos outra. Moi probable que sexan as mesmas. E por suposto, escuriñas como practicamente todas as do Suído.

Graciñas e un saúdo

Anónimo dijo...

Ola Oscar!
Conhezo dende fai pouco tempo o teu blog, pero non podo menos que felicitarte polas espectaculares imaxes e a información que podemnos atopar nel.
Saúdos!

Damián

Cosme Damian Romai Cousido dijo...

Ola Óscar!

A polilla que fotografache sóname de vela, vou consultar a guía que teño na casa de Moths of the British Isles...

Por certo que por Verín vimos o pasado domingo 25/4/2010 unha parella de Monticola saxatilis, dous machos cantores de Emberiza hortulana e unha Anthus campestris, parece que se sincroniza a chegada no sur de Galiza!

Apertas,
Damián