miércoles, 21 de abril de 2010

Últimos días

Estas dúas últimas semanas deixouse sentir o paso prenupcial dalgunhas especies, principalmente de Pedreiro cincento (Oenanthe oenanthe). Nun percorrido que fixen no alto do Suído duns 6,5 km, puiden contar 27 ex. con cinco machos emparellados ( isto non significa que vaian criar por aquí). Unha das parellas que cría na serra xa esta instalada no seu lugar e como dato curioso o macho presenta un estado de muda xa nupcial,


cousa que ningún outro que vise estes días a tivese, todos eles coma este da foto.


Tamén tivemos unha peque na irrupción de Merlo papobranco (Turdus torquatus) pola nosa terra, aínda que semella que foi máis polas serras costeiras. Podedes ver algo máis no Blog de José Ramón. Eu no Suído puiden ver un exemplar que case non se detivo. Cruzoume voando, pousouse un momento e continuou cara o norte.
Xa vin as miñas primeiras Tartarañas (Circus pygargus), todas elas escuriñas por non non variar, claro está.


Algunha foto máis dos últimos días polo Suído. Como esta de Pica dos prados (Anthus pratensis) que aínda segue algunha pola serra.

Alauda arvensis

Alectoris rufa

Esta Bubela (Upupa epops), atopábase en San Vicente (Fornelos) papando este verme mentres a observaba. Logo púxose a descansar na mesma herba. Eu ó ver que non facía nada déuseme por "imitar o seu reclamo".


Xamais pensei obter resposta.


Primeiro comezou a erguer a crista como vedes na foto e a facer uns carraspeos.
Logo foise para un carballo próximo e comezou a reclamar en resposta o meu "repertorio". Momentos curiosos, que nos depara o campo.

Narcisus triandrus

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Cousas como que che respostache a bubela non se olvidan, teralo ben grabadiño. Téñolle gañas O Suído, Oscar, mandareiche un correo persoal pedíndoche de favor por algunha ruta para xuño.

Unha aperta dende Ferrolterra.

David Martínez Lago

Óscar M. Roza dijo...

Cando queiras, aínda que en estas datas a min gústame máis, en pleno cortexo das estivais. Monticola saxatilis acaba de chegar e non para de cantar.

Un saúdo