miércoles, 7 de abril de 2010

VOITRE NEGRO no Suído


As especies estivais, parece que van chegando por contagotas. O pasado día dous 3 Anduriñas dáuricas (Hirundo daurica) na zona de Fragas (Campo Lameiro), e na serra do Suído pouco a pouco vanse xuntando especies.
Esta semana xa puiden ver as primeiras femias de Pedreiro cincento (Oenanthe oenanthe). Con dous exemplares polo mesmo lugar.


Tamén este Luns con un bo día de sol, deixáronse ver tres adultos de Aguia albela (Circaetus gallicus), case voando xuntas.


O que se me segue resistindo son as Tartarañas (Circus pygargus). Barias persoas xa as viron pola serra, pero eu nin a primeira.
Esta parella de Lavanco real (Anas platyrhynchos) xa levan unhas semanas polo alto da serra, frecuentando pequenas pozas como a que vedes.


Onte a pesares do negro que se estaba poñendo o día decidín achegarme ata o Suído. Nada máis chegar a serra, levei unha grata sorpresa. Unha silueta negra voando como unha "cometa" fixo que se me acelerase a sangue. Cando me fun achegando máis, xa o recoñecín perfectamente. Un Voitre negro (Aegypius monachus) na serra do Suído.


Esta é unha desas especies que sen saber porqué, lle colles unha especial estima. Non será unha rareza, nin a primeira vez que se ve na nosa terra, pero eu é a primeira vez que a observo e facelo no Suído ten un sabor especial.
Algo máis de media hora foi o tempo que o estiven observando ata que me fun do lugar, porque o individuo quedaba pola mesma zona.


Durante un ratiño estivo acosado por un Miñato (Buteo buteo), onde nesta foto pódese apreciar a gran diferencia de tamaños.


Vanessa cardui 13-8-2009 Serra do Suído.

3 comentarios:

Rubén Portas dijo...

A tan esperada actualización sempre acaba chegando cun post e fotos de calidade.
Noraboa pola observación! A ver cando coincidimos no campo.
Unha aperta

Óscar M. Roza dijo...

Graciñas
Para sair ó campo, cando queiras. Suguramente sería unha boa xornada.

Un saúdo

Marcos Suárez dijo...

Xa che digo, eu vin dous fulvus en Ordes, e xa flipei. Noraboa pola observación e as fotos.
Saúdos