miércoles, 9 de junio de 2010

Buscando amarelas

Hai uns días, funme pola zona de O Campo (A Lama) en busca de algún exemplar máis de Escribenta amarela (Emberiza citrinella). A cousa non foi de todo mal, e incluso chegoume ata sorprender.


Puiden ver con certeza que fosen exemplares diferentes a un macho en Borralleiro e unha femia e tres machos máis na zona de O Campo. Estes últimos en constantes disputas territoriais, parece que non lles inquedaba moito a miña presencia e deixáronse facer algunha fotiña.




Entre outras cousas que puiden ver por esta zona, destacaría a boa observación deste macho de Miñato abelleiro (Pernis apivorus). Esta curiosa ave rapaz, paréceme bastante intrigante e esperta en min unha certa curiosidade de como e a súa vida.


Este macho non moi desconfiado, deume un bo ratiño de observación, e puiden comprobar que se move perfectamente na espesura dunha fraga e sempre cunha actitude parsimoniosa e analizando con tranquilidade todo ó seu arredor.


Colias croceus

2 comentarios:

Rubén Portas dijo...

Alégrome que finalmente deras coas escribentas amarelas. Eu vin unha este finde na Serra do Cando.
Unha aperta

Cosme Damian Romai Cousido dijo...

Parabéns polas fotazas do miñato abelleiro!

A ver se finalmente en xullo me achego pola túa zona.

Apertas,
Damián