miércoles, 1 de septiembre de 2010

¿Boa ou mala noticia?

O que semellaba unha tarde estupenda a pesares da treboada, truncouse rapidamente. Circulando por unha das pistas do Suído vin aletear unha ave rapaz na cuneta. Rapidamente baixo do coche e vexo que é un Miñato (Buteo buteo) con un golpe nunha a (a ave tiña que acabar de colisionar, porque quince ou vinte minutos antes estivo chovendo e non corría gota de aire e cando a collín estaba totalmente seca). Sen máis demora chamo ó 112 e tras un par de persoas póñome en contacto co Centro de recuperación de Cotorredondo. Tras charlar un ratiño decido levar eu a ave o centro, porque parecía que esperar por un brigadista podía demorarse demasiado.


Cando vin a ave saquei unha foto do sucedido e cubrín ó Miñato con unha toalla para que non se seguise mancando ata ver que sucedía co asunto.

Realmente non podo explicar como me sentín ó ver a ave tirada no chan impotente mentres me vía fixamente. E curioso como ven fixamente os ollos.


Tras falar co centro, subimos o coche e ala nos fomos dirección Vilaboa-Marín. Unha vez no centro, fanlle unha pequena valoración ó Miñato e parece que non ten ningunha fractura da a, e o máis probable é que se recupere.
Este exemplar tivo moita sorte, talvez un pouco máis de tempo no lugar, un raposo daría boa conta del como sucederá na maioría dos casos. Espero estar informado de se finalmente se recupera ben.
Falando co encargado tamén me entero de dúas Aguias albelas caídas nos últimos tempos no parque eólico da Paradanta. E isto, so é unha incima parte do que realmente sucede.

¡Mira que non estaba eu contento! Xusto antes de atoparme coa traxedia, estiven observando a dous exemplares de Falcón das torres (Falco naumanni) este é un dos exemplares,


e máis unhas Tartarañas cincentas (Circus pygargus). Este é un xuvenil.

1 comentario:

sintetyzer dijo...

Noraboa polo teu xesto...celebro que pasaras polo lugar nese momento...dende logo ese miñato debeche a sua vida....e incrible a sua mirada fixa....pois nada esperemos que se recupere de todo e volva a deleitarnos coa sua presencia,un saludo e noraboa outra vez.