martes, 21 de septiembre de 2010

Conclusión para M. flava tipo beema

Tras darlle barias voltas a esta curiosa Lavandeira, e xa dende o principio, un dos puntos que menos me concordaban con M. f. beema e o branco puro da gorxa de este exemplar.Tras buscar en diferentes lugares sobre hibridacións, atopei referencias que concordan perfectamente coas características de este exemplar, xunto coa súa ruta de migración. Dado que M. f. beema de procedencia asiática, sería extremadamente raro.
Case con total certeza debería tratarse de unha Channel Wagtail (Lavandeira canal). Exemplares producidos pola hibridación de (M.f.flava x flavissima) principalmente producida no norte de Francia.


En en esta estupenda explicación Frustración flava por Ian Mckerchar podedes atopar información máis detallada. Se vedes na primeira imaxe que amosa de un macho adulto e se compara coa ave do Suído, teñen unha similitude máis que evidente.
Se ninguén di o contrario, esta pode ser a procedencia máis aceptable para este exemplar.

2 comentarios:

Cosme Damian Romai Cousido dijo...

Ola Óscar!

Estou dacordo coa posibilidade dunha 'Channel Wagtail', mireino o outro día, se ben é certo que o exemplar do Suído ten demasiado pálida a cabeza, aínda que supoño que entrará dentro da variación desta poboación 'híbrida'.

Apertas,
Damián

Óscar M. Roza dijo...

Seguramente existen algunhas variacións. Vendo distintas fotos de Channel Wagtail aprécianse diferencias nalgúns exemplares.
Tamén este exemplar e un inmaturo e tal vez non teña aínda ven consolidadas as cores.

Saúdos