lunes, 20 de septiembre de 2010

¿MOTACILLA FLAVA BEEMA?

Esta maña andando pola serra do Suído, tentando ver todo o que se movese e prestando especial atención a tódalas Motacilla flava coas que me ía atopando, saltou a alarma a media maña. Esta pequena Lavandeira amarela foi a que me fixo subir o ritmo cardíaco.


O primeiro que me chamou a atención xa dende lonxe foi a tonalidade moi clara da cabeza e a destacadísima cella branca. Logo con máis detalle apréciase o ton azulado claro e homoxéneo xunto coa parte branca debaixo do ollo separada por unha fina liña da gorxa.
A verdade que as M. flava son realmente complicadas de diagnosticar a ssp. cando se tratan de exemplares xuvenís. O certo é que sexa M. f. beema ou non... diferente a todo o que levo visto si que é.
Agradecería as vosas opinións.

Polo demais hoxe tamén tres M. flava thunbergi. Este é un dos exemplares, máis unha femia de Monticola saxatilis.

Probable M. f. thunbergi
Monticola saxatilis

E estes días atrás numerosa entrada de Papamoscas negro (Ficedula hypoleuca), Chasco norteño (Saxicola rubetra), as primeirasas Picas dos prados (Anthus pratensis)


e a observación de dous exemplares de Peto formigueiro (Jynx torquilla).


Tamén segue o xoven Esmerillón (Falco columbarius).


Como non todo van ser malas con respecto as Aguias albelas (Circaetus gallicus). Dicir que dos tres niños que se localizaron na serra do Suído e a súa contorna, dos tres saíron os polos con éxito.

3 comentarios:

Toño Salazar dijo...

Hola Óscar, con la lavandera no me atrevo sin la guía delante; preciosa, eso sí.

Pero la culebrera no creo que sea uno de los juveniles porque muestra signos de muda en las remiges.

Fenomenales fotos, como siempre, noraboa.

Marcos Suárez dijo...

Estupendas fotos Oscar, é un privilexio poder alegrar a vista cada vez que un se achega o teu blog. A Motacilla... pois despois de deixarme os ollos na Pipits, ben podería ser unha femia de beema. Unha de leucocephala non distaría moito, pero esa zona blanquecina subocular encaixa mellor en beema.
Pero vamos, e unha opinión dun neofito destas cousas.
Saludos

Óscar M. Roza dijo...

Seguramente Toño
Xa me fixara en ese detalle. Pero decanteime polo xuvenil por amosar gorxa pálida, gran arte das plumas cos típicos pelillos e o feito de atoparse xunto ó niño.
Graciñas e fíome máis de ti que de min.
Graciñas tamén Marcos. Eu tamén me deixei bastante os ollos.