sábado, 20 de noviembre de 2010

Outono de chuvias

Dende hai un tempo para aquí, con tanto temporal tras temporal case non podo ir pola dorsal galega a ver nada. E xa sen contar os días de caza, ¡¡ imposible !!
Coma sempre ando un pouco máis pola enseada de San Simón e as Gándaras de Budiño.
Estas son algunhas fotos de días atrás.

Pola serra do Suído
Lanius meridionalis

Anthus pratensis

Anthus spinoletta

Alauda arvensis

Este Mergullón cristado (Podiceps cristatus) estivo durante uns cantos días polo encoro de Eiras durante o mes de Outubro.


Tamén polo encoro a xa anual Aguia peixeira (Pandion haliaetus).


Tartaraña das xunqueiras (Circus aeruginosus) nas Gándaras de Budiño.


Femias de Pentumeiro (Melanita nigra), dun grupo de sete na enseada de San Simón. Comendo incesantemente Caranguexos.


Asubión europeo (Anas penelope) na enseada de San Simón.


Este ano, adiqueille algunha xornada a fotografar Bolboretas polas zonas onde me movo normalmente. Xuntando con algunhas que xa tiña, conseguín inmortalizar unhas cantas especies e un bo número de fotos máis ou menos decentes. Magoa de algunha especie que conseguiu eludirme.



Non teño demasiada experiencia, por iso desculpas se hai algún erro de identificación (facédemo saber, si é así).
En todas elas procurei obter imaxes das partes inferiores e superiores. Como son moitas as imaxes, van en forma de vídeo e, darlle tamén así un aspecto máis animado.
Agás algunha excepción, descartei as nocturnas.

5 comentarios:

Cosme Damian Romai Cousido dijo...

Ola Óscar!

Excelentes fotos, coidadísima presentación, vamos, unha xoia! Atrévome a correxirte algún nome, poño o correcto logo do símbolo >:
Pailio machaon > Papilio machaon. Iphiclides feisthameli > Iphiclides feisthamelii. Nymphalis io > Inachis io. Arginnis > Argynnis (para as dúas especies). Benthis daphne > Brenthis daphne. Boloria phoebe > Melitaea phoebe. Pyronia tithorus > Pyronia tithonus.

Lycaena bleusei > non sei se sería máis prudente dicir Lycaena tityrus ssp. bleusei.

As identificacións, ata onde eu sei, son correctas.

Apertas e parabéns,
Damián

Óscar M. Roza dijo...

Graciñas Damián

Si, xa me decatara dalgunha letra que me comín logo de estar colgado. E a transfusión do Y
En canto os cambios de nome, xa sabes como é isto. Segundo a guía que collas poden variar.
Lycaena bleusei, seguramente teñas razón (non me fixei que é un endemismo), no campo en ningún caso considerei tityrus polo seu aspecto.

Un saúdo e gracias fenómeno.

Anónimo dijo...

Coincido con Cosme pero...a nomenclatura segundo os autores.
Engado que parece que estabas con fame e comiche letras ademáis en Macroglossum stella(ta)rum.
Parabéns polas fotos e pola recopilación.
Xisbe (bolboretasgalegas.blogaliza.org)

Rafael Estevez dijo...

Hola Oscar,
En primer lugar debo felicitarte por este trabajo que personalmente me ha encantado, tanto en su presentación como en ejecución, sinceramente, he pasado un ratillo muy agradable.
En segundo lugar, aunque Cosme y Xisbe ya te han apuntado algunas correcciones, si me lo permites te paso el listado completo por si en un futuro deseas llevar a cabo las modificaciones oportunas:-

- Pailio machaon, debe decir Papilio machaon
- Iphiclides feisthameli, debe decir Iphiclides feisthamelii
- Pieris brassicae, es en realidad Pieris rapae
- Nymphalis io, debe decir Inachis io
- Arginis paphia, debe decir Argynnis paphia
- Arginis adippe, debe decir Argynnis adippe
- Benthis daphne, debe decir Brenthis daphne
- Boloria phoebe, debe decir Melitaea phoebe
- Lasiommata maera, es en realidad una hembra de Lasiommata megera
- Pyronia tithorus, debe decir Pyronia tithonus
- Melanargia russiae, es en realidad Melanargia lachesis (ambas fotos)
- Lycaena bleusei, es en realidad una hembra de Lycaena tityrus (L.bleusei no vuela en Galicia)
- Leptotes argiolus, debe decir Celastrina argiolus
- Ochlodes venata, debe decir Ochlodes sylvanus (cambio de nomenclatura)
- Macroglossum stellarum, debe decir Macroglossum stellatarum

Por otro lado quisiera pedirte un favor relacionado con el tema de mariposas, por ello te rogaría me escribieses a mi correo particular (radoda@mundo-r.com) y te facilito todo tipo de detalles.
Muchas gracias por adelantado.

Un saludo
Rafael Estevez

Óscar M. Roza dijo...

Graciñas pola vosa axuda.

Non tardarei moito en modifica-lo video.

Un saúdo