miércoles, 27 de enero de 2010

ANTHUS CAMPESTRIS 2009

Un ano máis a Pica campestre regresou ós lugares onde ven criando na serra do Suído.


Tiven o primeiro contacto con un exemplar na serra o 13-4-09. Pero non foi ata primeiros de Maio cando puiden asegurar que os exemplares estaban asentados nos seus territorios e non fosen confundidos con outros posibles en paso migratorio.


Un destes territorios sufriu un forte desbroce no Outono de 2008.
Cos primeiros exemplares que atopei neste lugar, seguían estando nos mesmos pousadoiros. Os poucos días (en vista de como estaba o panorama) desapareceron do lugar.


Dándome algún que outro percorrido pola zona, atopeinos asentados a uns 200 - 300 mts de onde o viñan facendo. Atopándose agora ambos territorios xusto nos limites das provincias de Pontevedra e Ourense, en zonas de pedregullo con vexetación moi baixa e rala.


Polo de máis pouco podo aportar. O Suído é moi grande e un non sempre pode estar a todo. Aínda así entre algunha que outra visita puiden escoitar os seus reclamos, as distintas interaccións entre exemplares e a sempre esperada observación dos primeiros xuvenís.


Sempre hai que estar moi atento porque cando os polos saen dos niños cesa moito a súa actividade e son máis complicados de localizar. Os adultos dispérsanse moito dos seus territorios e pode facerse complicado comprobar se certamente sacaron algo de prole a diante.
Neste 2009, con algo de sorte puiden ver algún exemplar e incluso tirarlle unha que outra foto que non tiña nos meus arquivos.


O meu último contacto con un xuvenil no seu territorio foi a primeiros de Agosto, e tendo varias observacións de xuvenís en paso a primeiros de Setembro.

Esperemos que en este 2010 retornen e incluso que se queden máis exemplares.

sábado, 16 de enero de 2010

MONTICOLA SAXATILIS 2009

Un ano máis voltamos ter estes exemplares pola serra do Suído, e pola mesma zona onde veñen aniñando os últimos anos.


Dende finais de Abril, tiven o primeiro contacto con esta femia, e en días posteriores con dous machos cantores.
Coa presencia de varios exemplares, e un moi bo sintima para a especie no lugar.



Unha das xornadas que máis disfrutei coa especie, foi a mediados de Maio cando puiden ver o cortexo dunha parella. Realmente un espectáculo do macho. A femia colocada nun penedo e o macho describindo círculos o redor dela, mostrando todo o rabo estendido arrastrando este polo pedra nunha postura encorbada coas ás decaídas e movéndose a un ritmo frenético. En este momento de éxtase a femia peneirábase no aire de cando en vez, pero sendo máis frecuentes os do macho con moita máis intensidade. Sen dúbida un momento para o recordo.



Neste ano non escolleron moi ben a colocación do niño. Desprazándose un pouco de onde o viñan facendo e a vista de onde estaba tiveron que soportar unha certa presión humana innecesaria.
A finais de Xuño primeiros de Xullo xa puiden observar principalmente ó macho transportar constante alimento o niño e en numerosas entradas o niño o macho retiraba excrementos da súa prole onde os deixaba caer preto do lugar.
E unha incertidume para min non saber cantos exemplares puideron sacar, ou, se conseguiu sobrevivir algún.


Dende mediados de Xullo, so conseguín ter algún que outro contacto co macho polas zonas próximas, sendo a última o 31-8-2009 onde amosa este estado de muda.