lunes, 15 de marzo de 2010

Primeiro Pedreiro cincento


Esta mesma maña tiñamos un agradable sol polo Suído, pero moi pouco movemento de aves. O máis interesante foi ver o primeiro Pedreiro cincento (Oenanthe oenanthe) do ano.
Este é o exemplar. Un macho que se atopaba alimentándose tranquilamente entra a herba e as rochas.


Tamén se deixan ver algúns exemplares de Pica alpina (Anthus spinoletta), que no alto da serra xa case se ven máis que a Pica dos prados.

viernes, 12 de marzo de 2010

Moito frío

Este Xoves puiden facer unha nova visita pola serra do Suído, con varios graos baixo cero a primeiras horas nin me atrevín saír do coche ata as 10:30 con 0º cando xa se comezaba a ver máis movemento de aves.
A iso das doce xa arriei para a casa e moi contento por certo. Entre outra cousas o máis interesante foi observar unha parella de Aguia albela (Circaetus gallicus), segue pola zona entre o límite de O Covelo e Fornelos de Montes o fermoso macho de Esmerillón (Falco columbarius), que é o segundo ano que o veño localizando polo mesmo lugar e tamén segue este exemplar de Picanzo real (Lanius meridionalis).

Polo demais destacar moita Laverca (Alauda arvensis) e algunha que outra Pica alpina (Anthus spinoletta).

Haber que nos depara este ano.

martes, 2 de marzo de 2010

ORTIGUEIRA 2009

Non, non pensedes que é o festival folk de Ortigueira. Se non a entrega do RARO 2009. Un evento creado e organizado por Pablo Gutierrez, e non so iso. Pon do seu peto a pasta para o magnífico trofeo que se lle outorga o gañador (que por certo gañou el mesmo) e non so iso senón que tódolos presentes viñémonos cun chaveiro de recordo do RARO 2009, e que eu saiba ninguén puxo un can. ¡¡A non ser que tivese comisión na comida e nos sen decatarnos!!
Sinceramente Pablo, os meus parabéns por como organizache esta xuntanza e así poder coñecer a asa boa tropa do norte... porque realmente cócese boa xente por aí arriba, aperte dos gharbanzos que estaban de vicio.

Os que alí nos xuntamos
(foto cortesía de Damián)

Polo demais puidemos ver na ría cousas como Podiceps auritus ou Anas carolinensis que non se ven tódolos días, pero eu quédome co grupo de Platalea leucorodia que tiven durante un rato a uns dez metros no canal que pasa fronte ó porto.

Xa polas miñas zonas de paxareo o máis animado deste inverno estibo pola enseada de San Simón, porque polo Suído moi pouca cousa. Moito mal tempo seguido durante todo inverno e no alto da serra estaba case deserto de aves invernantes con algún que outro e un Anthus spinolettaFalco columbarius como máis destacado. A gran maioría das aves atopábanse moi esparexidas polas zonas baixas da contorna. Aínda que este último mes xa se vai animando algo a cousa.

Anthus spinoletta
Anthus pratensis
Athene noctua

Cando máis sorte tiven o 18-1-09 indo a anelar con Pablo Sanmartín no alto de Fontefría, onde puidemos observar uns 30 Turdus pilaris con 21 exemplares nun mesmo bando.

Turdus pilaris
Macho de Accipiter nisus capturado para anelamento

O que sempre se segue observando tódolos invernos polos nosos montes, vai ser a noxenta calaña de escopeteiros que temos que soportar neste pais. Non lles chega con emporcallalo todo con latas de cervexa, de conservas, as bolsas onde traen as cousas, perder e abandonar unha vez si e outra tamén numerosos cans que logo acaban sufrindo o indicible. Ou matar todo o que se lles poña poña por diante, como foi o caso deste raposo. Tras pegarlle un tiro na cabeza, colgárono e cortáronlle o rabo.

Antiga levada no concello de Fornelos por onde transcorre a ruta das Greas

En fin, que ata che poden amargar un tranquilo paseo pola unha carballeira sen tan sequera topalos diante. Mellor deixámolo aí e remato cunhas fotos de onte mesmo nas Gándaras de Budiño - Ribeiras do Louro onde puiden observar como novidade ,8 Hirundo rustica e un ano máis a este macho de Circus euruginosus.

Circus euruginosus
Buteo Buteo