lunes, 10 de mayo de 2010

Haber se pasa o mal Tempo

Estes últimos días, ó tempo anda algo revolto e esperemos que pase rápido para poder saír tranquilamente ó campo.
En canto a aves non hai moitas novidades destacables. Sempre me gusta ir vendo como andan as especies que crían polos montes por onde ando, e máis ou menos teño controlados. ¡Feito que leva o seu tempo!
Xa hai que non poño nada dos Cruzabicos (Loxia curvirostra) aínda que me guste bastante a especie. Estes días atrás nun traxecto de 2 km por Fontefría, onde contei un mínimo de 62 exemplares con moitos xuvenís onde algúns estaban sendo cebados cruriosamente só por machos. Nun mesmo punto onde as aves ían beber, contabilicei máis de 40 individuos na zona.
Nesta fotografía, pódense apreciar ata 12 exemplares coas primeiras luces do día.


Esta semana pasada na zona de Pardalongas (Fornelos de Montes), puiden observar un par de exemplares de Bico de coral (Estrilda astrid) nunhas xestas en zona de matogueira e non lonxe deste lugar un macho cantor de Ouriolo (Oriolus oriolus) e maila sorpresa de atopar este Picanzo cabecirrubio (Lanius senator), sendo a primeira observación persoal desta especie na provincia.


Polo demais destacar na serra do Suído a observación 6 ex. de Aguia albela (Circaetus gallicus) voando case xuntas, e tamén a primeira vez que vexo dous machos adultos de Tartaraña cincenta (Circus pygargus) coa plumaxe típica da especie. Os demais... escuriños coma sempre.


Este parece un bo ano para a Papuxa común (Sylvia communis), podendo ver machos cantores en numerosos lugares.


O Chasco (Saxicola torquata) e a Escribenta riscada (Emberixa cia) son compañeiros habituais das zonas de matogueira.