martes, 21 de septiembre de 2010

Conclusión para M. flava tipo beema

Tras darlle barias voltas a esta curiosa Lavandeira, e xa dende o principio, un dos puntos que menos me concordaban con M. f. beema e o branco puro da gorxa de este exemplar.Tras buscar en diferentes lugares sobre hibridacións, atopei referencias que concordan perfectamente coas características de este exemplar, xunto coa súa ruta de migración. Dado que M. f. beema de procedencia asiática, sería extremadamente raro.
Case con total certeza debería tratarse de unha Channel Wagtail (Lavandeira canal). Exemplares producidos pola hibridación de (M.f.flava x flavissima) principalmente producida no norte de Francia.


En en esta estupenda explicación Frustración flava por Ian Mckerchar podedes atopar información máis detallada. Se vedes na primeira imaxe que amosa de un macho adulto e se compara coa ave do Suído, teñen unha similitude máis que evidente.
Se ninguén di o contrario, esta pode ser a procedencia máis aceptable para este exemplar.

lunes, 20 de septiembre de 2010

¿MOTACILLA FLAVA BEEMA?

Esta maña andando pola serra do Suído, tentando ver todo o que se movese e prestando especial atención a tódalas Motacilla flava coas que me ía atopando, saltou a alarma a media maña. Esta pequena Lavandeira amarela foi a que me fixo subir o ritmo cardíaco.


O primeiro que me chamou a atención xa dende lonxe foi a tonalidade moi clara da cabeza e a destacadísima cella branca. Logo con máis detalle apréciase o ton azulado claro e homoxéneo xunto coa parte branca debaixo do ollo separada por unha fina liña da gorxa.
A verdade que as M. flava son realmente complicadas de diagnosticar a ssp. cando se tratan de exemplares xuvenís. O certo é que sexa M. f. beema ou non... diferente a todo o que levo visto si que é.
Agradecería as vosas opinións.

Polo demais hoxe tamén tres M. flava thunbergi. Este é un dos exemplares, máis unha femia de Monticola saxatilis.

Probable M. f. thunbergi
Monticola saxatilis

E estes días atrás numerosa entrada de Papamoscas negro (Ficedula hypoleuca), Chasco norteño (Saxicola rubetra), as primeirasas Picas dos prados (Anthus pratensis)


e a observación de dous exemplares de Peto formigueiro (Jynx torquilla).


Tamén segue o xoven Esmerillón (Falco columbarius).


Como non todo van ser malas con respecto as Aguias albelas (Circaetus gallicus). Dicir que dos tres niños que se localizaron na serra do Suído e a súa contorna, dos tres saíron os polos con éxito.

miércoles, 1 de septiembre de 2010

¿Boa ou mala noticia?

O que semellaba unha tarde estupenda a pesares da treboada, truncouse rapidamente. Circulando por unha das pistas do Suído vin aletear unha ave rapaz na cuneta. Rapidamente baixo do coche e vexo que é un Miñato (Buteo buteo) con un golpe nunha a (a ave tiña que acabar de colisionar, porque quince ou vinte minutos antes estivo chovendo e non corría gota de aire e cando a collín estaba totalmente seca). Sen máis demora chamo ó 112 e tras un par de persoas póñome en contacto co Centro de recuperación de Cotorredondo. Tras charlar un ratiño decido levar eu a ave o centro, porque parecía que esperar por un brigadista podía demorarse demasiado.


Cando vin a ave saquei unha foto do sucedido e cubrín ó Miñato con unha toalla para que non se seguise mancando ata ver que sucedía co asunto.

Realmente non podo explicar como me sentín ó ver a ave tirada no chan impotente mentres me vía fixamente. E curioso como ven fixamente os ollos.


Tras falar co centro, subimos o coche e ala nos fomos dirección Vilaboa-Marín. Unha vez no centro, fanlle unha pequena valoración ó Miñato e parece que non ten ningunha fractura da a, e o máis probable é que se recupere.
Este exemplar tivo moita sorte, talvez un pouco máis de tempo no lugar, un raposo daría boa conta del como sucederá na maioría dos casos. Espero estar informado de se finalmente se recupera ben.
Falando co encargado tamén me entero de dúas Aguias albelas caídas nos últimos tempos no parque eólico da Paradanta. E isto, so é unha incima parte do que realmente sucede.

¡Mira que non estaba eu contento! Xusto antes de atoparme coa traxedia, estiven observando a dous exemplares de Falcón das torres (Falco naumanni) este é un dos exemplares,


e máis unhas Tartarañas cincentas (Circus pygargus). Este é un xuvenil.