sábado, 20 de noviembre de 2010

Outono de chuvias

Dende hai un tempo para aquí, con tanto temporal tras temporal case non podo ir pola dorsal galega a ver nada. E xa sen contar os días de caza, ¡¡ imposible !!
Coma sempre ando un pouco máis pola enseada de San Simón e as Gándaras de Budiño.
Estas son algunhas fotos de días atrás.

Pola serra do Suído
Lanius meridionalis

Anthus pratensis

Anthus spinoletta

Alauda arvensis

Este Mergullón cristado (Podiceps cristatus) estivo durante uns cantos días polo encoro de Eiras durante o mes de Outubro.


Tamén polo encoro a xa anual Aguia peixeira (Pandion haliaetus).


Tartaraña das xunqueiras (Circus aeruginosus) nas Gándaras de Budiño.


Femias de Pentumeiro (Melanita nigra), dun grupo de sete na enseada de San Simón. Comendo incesantemente Caranguexos.


Asubión europeo (Anas penelope) na enseada de San Simón.


Este ano, adiqueille algunha xornada a fotografar Bolboretas polas zonas onde me movo normalmente. Xuntando con algunhas que xa tiña, conseguín inmortalizar unhas cantas especies e un bo número de fotos máis ou menos decentes. Magoa de algunha especie que conseguiu eludirme.



Non teño demasiada experiencia, por iso desculpas se hai algún erro de identificación (facédemo saber, si é así).
En todas elas procurei obter imaxes das partes inferiores e superiores. Como son moitas as imaxes, van en forma de vídeo e, darlle tamén así un aspecto máis animado.
Agás algunha excepción, descartei as nocturnas.