jueves, 17 de marzo de 2011

Aquila chrysaetos

Paseneniñamente vámonos achegando a primavera e isto xa se comeza a notar polas serras. Onte no Suído, xa puiden ver dous machos de Pedreiro cincento (Oenanthe oenanthe). Aínda que onte o máis curioso foi atoparme con este inmaturo de Aguia real (Aquila chrysaetos).
O día estaba moi escuro e foi unha pena non tirar mellores fotos.

Aquila chrysaetos

A miña sorpresa foi maiúscula. Realmente unha observación sensacional para min desta ave. Atopándoa tranquilamente bebendo nun rego. Este exemplar portaba anela metálica en pata dereita e PVC branco con código 22 (unha sorte verlle o código, dado que ten os tarsos emplumados) na esquerda e con transmisor no lombo.


Agradecer a Alberto Gil (Toupa) pola súa rápida contestación e confirmarme de que esta ave e do proxecto para a recuperación da Aguia real en Galicia e a cal están seguindo perfectamente vía satélite. Espero ter logo algúns datos da historia deste exemplar e poder compartilo máis adiante con vos.

Polas Gándaras de Budiño comentar que hai unha boa presencia de Becacina (Gallinago gallinago) e un exemplar de Arcea (Scolopax rusticola) que leva na zona cando menos dende o 24-1-11, usando unha zona de aprox. 5 m² para o seu descanso diúrno.

Gallinago gallinago

5 comentarios:

AnxoLeyenda dijo...

Que tal Oscar?
Menudo avistamento o de a Aguia real,eu estiben o dia 11 pola zona da Graña,e o mais interesante que puiden observar foron 2 Agias albelas,2 Esmirillons e un Piquelo azul.
Gustariame saber por que zona te mobes.
Un saudo...

Óscar M. Roza dijo...

Ola Anxo
Principalmente polas zonas altas da serra.
Un saúdo

Álex dijo...

Parabéns Óscar, grazas polo teu traballo e por compartilo connosco.

Alexandre Cendón

Juan Sagardía dijo...

Buenas Oscar.
Seguramente sea una Agachadiza Común, pero viendo las fotos me recuerdan mucho a una wilson´s snipe, demasiada oscura de manto y barreado de los flancos.
Un saludo
Juan

Óscar M. Roza dijo...

Hola Juan, pues me dejas pillado

Pues ya que lo comentas este ejemplar me llamo la atención. Por el tono oscuro. Sobretodo porque había otros en el lugar y los pude comparar. En un principio pensé en Gallinago media pero por su construcción y longitud de pico lo descarté y la deje por G. gallinago.
Pues como te digo, me llamo la atención y le saqué bastantes fotos e incluso tengo un video.
Si tal te puedo enviar algo al personal y le hechas un vistazo.

Saludos