viernes, 27 de mayo de 2011

Notas de Primavera



Outra vez por aquí.
Logo dun tempo sen actualizar vamos facer un resumo rápido do que vai de Primavera.

Ardea purpurea nas Gándaras de Budiño durante o mes de Abril.

Pola enseada de San Simón como curiosidade un grupo de nove Cicinia ciconia sobrevoando a enseada e a presencia de un Cygnus atratus.



Xa pola Serra do Suído e a súa contorna todo vai transcorrendo con certa normalidade. Aínda que se aprecia un descenso de Circaetus gallicus e Circus pygargus. Polas demais especies xa se van atopando polas súas zonas de observación habitual. Como Anthus campestris, Monticola saxatilis, Oenanthe oenanthe ou Anthis trivialis.

Grupo de Phalacrocorax carbo cruzando a Serra do Suído.

Loxia curvirostra poden verse en diferentes puntos durante os seus movementos habituais durante o mes de Abril.

Milvus migrans na Serra do Suído.

Anthus trivialis, parece que pode ser un bo ano para especie. Detectándoa en máis puntos do habitual.

Falco subbuteo na Serra do Suído.

Macho de Circus pygargus con un Lagarto das silvas (Lacerta schreiberi).

Femia de Oenanthe oenanthe no seu territorio de cría na Serra do Suído.

Anthus campestris na Serra do Suído.

Macho de Monticola saxatilis na Serra do Suído.

Parella de Circaetus gallicus facendo voos nupciais na Serra do Suído,

e capturando presas.

Femia de Carduelis cannabina con unha fina anela plástica de cor verde lima.
Tamén destacar a presencia de un exemplar de Hieraaetus pennatus en fase escura que puidemos ver Pablo Sanmartín e máis eu este mesmo Mércores.

No hay comentarios: