lunes, 30 de mayo de 2011

Serra Calva

O pasado día 22 de Maio fixen unha andaina pola Serra Calva (A Veiga- OU). Das especies que puiden observar que poden ter un certo interese foron estas.

·2 ex. de Cuco (Cuculus canorus) na parte superior da Lagoa do Ocelo.
·2 ex. de Pica campestre (Anthus campestris) pola zona alta da serra.

Anthus campestris

·Un mínimo de 20 ex. de Pica alpina (Anthus spinoletta) concentrados nun tramo de 800 metros aprox. na zona alta da serra. Parte deles puiden comprobar que xa eran polos do ano.


·1 macho de Merlo rubio (Monticola saxatilis) reclamando na zona alta da serra.

Monticola saxatilis - Anthus spinoletta
·1 macho de Gatafornela (Circus cyaneus) no lado Zamorano da serra.
·1 macho de Escribenta amarela (Emberiza citrinella).
·1 parella de Pedreiro cincento (Oenanthe oenanthe) na zona alta da serra.
·1 femia de Lavanco (Anas platyrhynchos) con dez polos na Lagoa dos Carrizais.

Anas platyrhynchos

Nesta parte da serra que teñen cercada pódense atopar unha gran cantidade de herbívoros.


Aparte do gran número de mamíferos, estes insectos eran bastante comúns.

Berberomeloe majalis

3 comentarios:

Xabi Prieto dijo...

Olá Óscar: mira, unha pregunta..¿a qué lle chamas "Lagoa dos Carrizais"? Penso que te refires, unha de dúas, ou ao encoro da Corraliza, ou ben á Lagoa do Ocelo, por isto de que ten bastante xunqueira baixa (Scirpus sp, etc) de redor.
Unha aperta
Xabi
PD: unha zona certamente espectacular e interesante a Serra Calva!

Óscar M. Roza dijo...

Ola Xabi
A lagoa é a que está por debaixo do Ocelo. Non tiña nin idea de como se chamaba e ese nome atopeino por internet.

Un saúdo, e se sae algo raro é que estou escribindo polo móbil.

Xabi Prieto dijo...

Imaxinábao. Pois é "Lagoa da Corraliza", que realmente é de carácter artificial e, por tanto, un encoro, aínda que semelle natural. Creo que a pista que xira ao sur cruza xusto por riba da presa de retención. Supoño que o nome lle vén de que está baixo os "Altos da Corraliza".
Por certo, non viches T.ruficollis na lagoa? Crían por alí.
Jó, que ganas teño de voltar por aló...