martes, 9 de agosto de 2011

Aguia equilibrista

Xa estou de vacacións. Nuns días xa poñerei como andan algunhas cousas pola Serra. Polo de agora vai este vídeo desta Aguia albela (Circaetus gallicus) con esta curiosa costume por pousarse enriba dos anemómetros que están colocados en estas especies de antenas instaladas por todos lados. Xa a teño visto en diferentes ocasións pero nunca cando se pousa. Podo asegurar que estes aparatos sempre están dando voltas.



No hay comentarios: