jueves, 29 de septiembre de 2011

O Moucho (Athene noctua) na provincia de Pontevedra

Como ben sabedes este ano O Moucho (Athene noctua) foi declarada Ave do ano tanto en Galicia pola SGO e a nivel estatal pola SEO.
Xa na antiga Grecia foi animal sagrado da deusa Atenea e de aí o seu nome científico (Athene). Os Gregos si que sabían. Hoxe en día aínda se sigue tratando como ave de mal agoiro polos seus reclamos nocturnos.


Esta pequena e entrañable ave rapaz é unha das especies nocturnas máis común da Península Ibérica. Aínda que sufriu unha gran diminución nos últimos anos. As concentracións parcelarias trouxeron consigo a eliminación de moitos lindeiros en zonas de cultivo, privando a esta e outras aves de onde aniñar e puntos para capturar as súas presas (principalmente grandes insectos). Coa agricultura intensiva intensificouse o uso de praguicida a gran escala. Envelenando ós Mouchos por medio dos insectos e pequenos micromamíferos que estes comen. Unha teoría persoal e que os praguicidas non teñen por que matar os Mouchos directamente, se non que ó irse acumulando estas sustancias no seu organismo pode provocar diferentes patoloxías como a falta de fecundidade. O cal estase notando nos últimos anos o mal que se lles fixo en décadas anteriores o ir morrendo exemplares adultos e a ausencia de aves máis novas que ocupen os mesmos lugares.

Os atropelos, seguramente tamén sexan un bo causante de moitas mortes

Sen meterme en grandes fonduras vou centrarme no pequeno traballo que veño facendo nos últimos meses. A idea foi simple e clara. Tentar facer un mapa da provincia de Pontevedra co actual estado de zonas ocupadas pola especie, independentemente se crían neses territorios ou non.
Ante todo agradecer a todas as persoas que quixeron aportando datos de lugares onde levan visto o Moucho nos últimos anos (18 persoas colaboraron). Gracias a todos.
Os resultados foron un total de 111 territorios con presencia da especie. Sendo o 98% dos datos aportados dende 2007 ata día de hoxe. No meu caso conseguín re-localizar todos os territorios que xa coñecía e facendo a búsqueda de campo ata primeiros de Xullo para evitar a dispersión xuvenil.
O 100% dos territorios que coñezo onde viven, están todos instalados en construcións humanas. Ben sexan casas, galpóns, balados, escombros ... destacando a adaptación da especie na cidade de Pontevedra, gracias ós datos aportados por diferentes compañeiros.
Así se distribúen as zonas de contacto coa especie. Marcando tres grandes áreas en vermello, onde considero que son potenciais para albergar a especie e onde non puiden fixen ningunha mostraxe.



Para o meu entender atópase nunha sitación non excesivamente desfavorable na nosa provincia, aínda que sería interesante a colocación de caixas niño para tentar evitar conflitos cos humanos ou potenciar a súa presencia en amplas zonas de cultivo coma no Deza.
A dispersión da nosa poboación con infinidade de pequenas aldeas con campos ó seu redor nos que se fai unha agricultura "doméstica", creo que lle esta dando unha oportunidade a estas aves para seguir subsistindo.


A miña impresión é, que hai máis Mouchos dos que parece. So temos que buscar nos lugares axeitados e as horas propicias para detectalos. Sen ir a amplas zonas de campos. Buscar nos lindes das vivendas mediante escoitas e observacións crepusculares, creo que irían saíndo moitos máis datos. Nesta imaxe vese unha idea ilustrativa do que quero dicir.

Na península do Morrazo onde se presumía moi rara, saíume a especie en tres territorios nunha soa incursión (creo que é un dato significativo).

Algunhas imaxes de distintos encontros .

Non sei si estes datos valerán para ter unha idea de como anda a especie ou non, pero a experiencia foi moi satisfactoria non só cos Mouchos. Avenoiteiras, Avelaionas, Curuxas e Mouchos de orellas tamén formaron parte deste camiño.



Cando pase os meus datos a limpo serán enviados ó NOG.

4 comentarios:

Antonio Sandoval dijo...

Muchas gracias por esta interesantísima entrada, Óscar. Me lo he pasado pipa leyéndola y mirando las fotos y videos.

jag dijo...

Parabens Oscar por esta magnífica entrada!! A partires de agora teremos moitos mais folgos e mais coñecementos para buscar e tratar de profundizar no coñecemento desta especie.

Saúdos,

Juan

Cosme Damian Romai Cousido dijo...

Tremenda entrada!!! Parabéns Óscar!!! A ver se aparecen citas das zonas das que faltan datos, pero co que xa se fornece unha excelente visión da situación da especie na provincia.

E vaia fotos!

Apertas,
Damián

Óscar M. Roza dijo...

Graciñas a todos polo interese e por andar por este Blog.

Un saúdo