viernes, 7 de enero de 2011

Primeiros contactos con Falco naumanni na dorsal galega

O pasado 2010 puiden ter os meus primeiros contactos co Lagarteiro das torres (Falco naumanni) na Serra do Suído. Sen dúbida un premio tras o constante seguimento que lle fixen os Falcónidos este ano.

Falco naumanni

A data clave para poder observalos por aquí, semella que Agosto, durante súa dispersión e posterior migración cara África. Coincidindo tamén coas habituais entradas de Lagarteiro (Falco tinnunculus) pola serra.

Falco naumanni

Esta especie ven sendo... digamos que rara por Galicia. Agás na Terra Cha, onde parece unha habitual durante os meses de Agosto e Setembro.

Falco naumanni

Esta especie, moi semellante a Falco tinnunculus, pode confundirse facilmente se non se ten unha boa observación (ou a vista ben entrenada). Tal vez sexa este un dos motivos porque non se detecta en máis puntos de Galicia durante os meses que si parece que se achegan a nosa terra.

Falco naumanni x Falco tinnunculus

Esperemos que este 2010 non fose ningunha excepción e se sigan repetindo a observación destas aves por aquí.

Falco naumanni

jueves, 6 de enero de 2011

Inverno

Durante o inverno non é a mellor época pola serra do Suído. As malas condicións climáticas e o gran número de cazadores, non deixan que as aves se queden moito tempo pola serra. Aínda así o pasado mes de Decembro tivemos unha boa entrada de Tordos reais (Turdus pilaris), Picas alpinas (Anthus spinoletta) e algunhas Becacinas (Gallinago gallinago).

Turdus pilaris

Turdus iliacus

Anthus spinoletta

Gallinago gallinago

Cando podo vou indo pola enseada de San Simón como de costume, facendo algunha foto pola zona, como a estes Mergos (Mergus serrator) e este Mergullón (Podiceps nigricollis), escasos por esta zona.

Mergus serrator

Podiceps nigricollis

Branta bernicla

Durante a forte entrada que tivemos en Galicia a finais de Novembro primeiros de Decembro de Pillaras douradas (Pluvialis apricaria) e Avefrías (Vanellus Vanellus), estes son os únicos exemplares que puiden ver polas marxes da enseada.

Pluvialis apricaria

Vanellus vanellus

Este ano chegou unha femia de Parrulo (Aythya ferina) con placa nasal que me custou moito sacar o códogo. A ave foi marcada en Francia por Alain Caizergues o 3-6-2010 con placa azul celeste código =F e esta é a súa primeira observación.