jueves, 17 de marzo de 2011

Aquila chrysaetos

Paseneniñamente vámonos achegando a primavera e isto xa se comeza a notar polas serras. Onte no Suído, xa puiden ver dous machos de Pedreiro cincento (Oenanthe oenanthe). Aínda que onte o máis curioso foi atoparme con este inmaturo de Aguia real (Aquila chrysaetos).
O día estaba moi escuro e foi unha pena non tirar mellores fotos.

Aquila chrysaetos

A miña sorpresa foi maiúscula. Realmente unha observación sensacional para min desta ave. Atopándoa tranquilamente bebendo nun rego. Este exemplar portaba anela metálica en pata dereita e PVC branco con código 22 (unha sorte verlle o código, dado que ten os tarsos emplumados) na esquerda e con transmisor no lombo.


Agradecer a Alberto Gil (Toupa) pola súa rápida contestación e confirmarme de que esta ave e do proxecto para a recuperación da Aguia real en Galicia e a cal están seguindo perfectamente vía satélite. Espero ter logo algúns datos da historia deste exemplar e poder compartilo máis adiante con vos.

Polas Gándaras de Budiño comentar que hai unha boa presencia de Becacina (Gallinago gallinago) e un exemplar de Arcea (Scolopax rusticola) que leva na zona cando menos dende o 24-1-11, usando unha zona de aprox. 5 m² para o seu descanso diúrno.

Gallinago gallinago